AXUDAS DO IGAPE PARA NOVOS EMPRENDEDORES

O día 17 de abril o Diario Oficial de Galicia publicou as bases reguladoras das axudas do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE)  para novos emprendedores.

Serán subvencionables os proxectos de creación de pequenas e medianas empresas por novos emprendedores, así como os proxectos de investimento para a ampliación en pequenas e medianas empresas xa creadas, sempre que cumpran os requisitos para seren consideradas nova peme.

Resolución do 2 de abril de 2019 (DOG Nº75 do 17/04/2019) – Bases e convocatoria 2019

Extracto das bases

Prazo

Prazo de presentación: ABERTO

18/04/2019 – 18/10/2019

Os prazos de presentación de solicitudes serán os seguintes:
– Convocatoria 2019.1: desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 27.06.2019
– Convocatoria 2019.2: Desde o día 28.06.2019 ata o día 18.10.2019

INFORMACIÓN SOBRE O PROCEDEMENTO E PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES (Código de procedemento IG406F)

aedl
Axencia de desenvolvemento local Concello de Monterrei