BASES PROGRAMA EMPREGA MULLER PARA A INSERCIÓN LABORAL DAS MULLERES DESEMPREGADAS

Hoxe aparece publicado no Diario Oficial de Galicia a ORDE do 3 de abril de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do programa Emprega Muller  para a contratación por conta allea, cofinanciada por o programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e para a formación de mulleres desempregadas.

A finalidade  é a inserción laboral das mulleres  desempregadas que presentan desventaxas e dificultades particulares para acceder ou permanecer no mercado de traballo.

Tipos de Axuda:

a) Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención a contratación indefinida inicial, a contratación temporal con unha duración inicial mínima de 12 meses, a transformación de contratos temporales en indefinidos que deberán ser a tempo completo e no caso de contratos indefinidos a tempo parcial será subvencionable o incremento da xornada que deberá alcanzar a xornada a tempo completo ordinario ou a establecida no convenio colectivo de aplicación.

b) Bono de formación (opcional) dirixido a mulleres contratadas por medio de esta orden, para levar a cabo accións formativas que melloren os seu coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo, excepto nos casos de incremento da xornada e transformación.

ORDE PUBLICADA NO DOG 25 de abril

BASES PDF

aedl
Axente de emprego e desenvolvemento local