PROGRAMA PROFESIONAIS 4.0: ABERTO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape e ao abeiro da Axenda Industria 4.0, pon en marcha o programa Profesionais 4.0. Cofinanciada polo Fondo Social Europeo, a iniciativa permite ás empresas galegas que desexan abordar plans de mellora competitiva contratar persoas novas que recentemente obtivesen título universitario ou de grao superior de FP.

As empresas interesadas poden solicitar a axuda ata o 7 de outubro, utilizando a oficina virtual do Igape. Pola súa banda, os recentes titulados interesados deben darse de alta na base de datos de candidatos previamente á resolución da convocatoria a finais de 2019.

MÁIS INFORMACIÓN NO SEGUINTE ENLACE:

http://www.igape.es/gl/ser-mais-competitivo/profesionais-4-0

 

profesionais4.0

aedl
Axente de emprego e desenvolvemento local