VIII PROGRAMA DE APOIO A EMPRESAS AGROALIMENTARIAS

A Fundación Juana de Vega por en marcha a convocatoria do  VIII PROGRAMA DE APOIO A EMPRESAS AGROALIMENTARIAS.

O programa de formación e asesoramento orientado a axudar aos emprendedores no deseño e implantación dos seus proxectos empresariais, así como para empresas existentes que precisan abordar proxectos de mellora ou de expansión.

MODALIDADES

EMPRENDEMENTO

Axudar a emprendedores a desenvolver as súas ideas empresariais, convertilas en proxectos de negocio e materializalas en empresas innovadoras e competitivas.

  • Empresas de nova creación ou en fase de lanzamento.
  • Sucesión e recuperación de empresas e explotacións familiares.
  • Proxectos de posta en valor de activos rurais improductivos.

CONSOLIDACIÓN

Axudar as empresas a consolidar os seus proxectos empresariais tratando de mellorar o seu funcionamento mediante titorización e o asesoramento na toma de decisións en todos os ámbitos do negocio.

  • Revisar a súa definición e organización estratéxica.
  • Realizar unha análise da contorna ou investigación comercial.
  • Crear  un plan de marketing ou un plan comercial.
  • Desenvolver unha estratexia online.
  • Realizar unha análise de operacións e mapas de valor.
  • Revisar os seus plans de financiamento.
  • Realizar un estudio económico  e/ou mellorar o seu control de xestión.
  • Valoraranse outros aspectos estratéxicos da empresa a mellorar.

CRECEMENTO

Axudar a empresas en funcionamento a xerar novas liñas de negocio e propostas de valor, desenvolvendoas e axudándolles na súa implantación.

  • Empresas que desexen poñer no mercado novos productos ou servizos innovadores.
  • Empresas que xeneren novas propostas de valor ou que queiran dirixirse a novos mercados.

FASES DO PROGRAMA

FASE I. SELECCIÓN DE PROXECTOS (xaneiro 2020)

  • EMPRENDEMENTO: 5 PRAZAS  Realizaránse a través dun obradoiro de ideas empresariais de caracter selectivo de 10 horas de duración.
  • CONSOLIDACION: 3 PRAZAS Un equipo de especialistas analizarán a situación e necesidades de cada empresa, os seus recursos e o peso específico que terá o proxecto dentro da mesma.
  • CRECEMENTO: 3 PRAZAS Un equipo de especialistas analizarán os proxectos máis atractivos e que máis se axusten aos criterios das bases desta modalidade.

Todos os proxectos seleccionados pasarán unha entrevista persoal.

FASE II: DESENVOLVEMENTO DOS PROXECTOS (febreiro – xullo 2020)

As mellores ideas e proxectos empresariais seleccionados recibirán titorización e asesoramento para desenvolver o seu proxecto.

FASE III: POSTA EN MARCHA DOS PROXECTOS (setembro – decembro de 2020)

INSCRIPCIÓN  PLAZO ABERTO HASTA O 30 DE NOVEMBRO DE 2019 no seguinte enlace.

INSCRIPCIÓN NO PROGRAMA

TRIPTICO DO PROGRAMA

BASES PARA PARTICIPAR NO PROGRAMA

 

aedl
Axente de emprego e desenvolvemento local