PROGRAMA CONTRATACIÓN PERSOAS CON DISCAPACIDADE OU EN SITUACIÓN OU RISCO DE EXCLUSIÓN SOCIAL

PROGRAMA CONTRATACIÓN PERSOAS CON DISCAPACIDADE OU EN SITUACIÓN OU RISCO DE EXCLUSIÓN SOCIAL
PLAZO SOLICITUDE 08/01/2020 – 30/09/2020
ORDE do 7 de Xaneiro de 2020
INFORMACIÓN E PRESENTACION SOLICITUDES (código de procedemento TR342A)

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR342A
A Xunta de Galicia publicou no DOGA do 7 de xaneiro de 2020 a ORDE do 20 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do programa Emprega Discapacidade e Exclusión, de incentivos á contratación, formación e emprego con apoio.

Esta orde ten por obxecto regular as axudas que favorezan a contratación das persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social na empresa común, e, especialmente, daquelas que teñen maiores dificultades de inserción laboral:
A orde contempla un programa de incentivos pola contratación, formación e emprego con apoio (código de procedemento TR342A) con tres tipos de bonos compatibles.
a) Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación indefinida inicial, a temporal cunha duración mínima inicial de 3 meses e a transformación de contratos temporais en indefinidos a tempo completo ou a tempo parcial das persoas traballadoras con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social.
b) Bono de formación, dirixido ás persoas traballadoras cunha contratación indefinida inicial ou temporal mínima de 6 meses, beneficiarias do bono de contratación, para levar a cabo acciones formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo.
c) Bono de emprego con apoio, que consiste nun conxunto de actividades de orientación e acompañamento individualizado que prestan, no propio posto de traballo, persoas preparadoras laborais especializadas ás persoas traballadoras con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social, con especiais dificultades de inserción laboral e que realizan a súa actividade en empresas do mercado ordinario de traballo en condicións similares ao resto dos traballadores e traballadoras que desempeñan postos de iguais características.

índice

aedl
Axencia de desenvolvemento local Concello de Monterrei