PROGRAMA DESEMPREGADOS DE LARGA DURACIÓN

PROGRAMA DESEMPREGADOS DE LARGA DURACIÓN

PLAZO SOLICITUDE 08/01/2020 – 30/09/2020

ORDE 7 DE XANEIRO 2020

INFORMACIÓN E PRESENTACION SOLICITUDES (código de procedemento TR349R)

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR349R

A Xunta de Galicia publicou no DOGA do 7 de xaneiro de 2020 a ORDE do 21 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á contratación por conta allea das persoas desempregadas paradas de longa duración.

Coa finalidade de favorecer o emprego estable e facilitar a inserción laboral dos parados e paradas de longa duración que presentan desvantaxes e dificultades particulares para permanecer no mercado de traballo, esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras, en réxime de concorrencia non competitiva, e proceder á convocatoria dos incentivos á súa contratación por conta allea para o ano 2020.

Por medio desta orde as empresas terán a posibilidade de obter axudas para a contratación indefinida inicial, para a contratación temporal cunha duración inicial de 12 meses e para a formación (código de procedemento  TR349 R).

Inclúense dous tipos de axuda compatibles:

  1. Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación indefinida inicial e a temporal cunha duración mínima inicial de doce meses das persoas desempregadas de longa duración.
  2. Bono de formación (opcional) dirixido ás persoas contratadas por medio desta orde, para levar a cabo acciones formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo.

índice

aedl
Axencia de desenvolvemento local Concello de Monterrei