PROGRAMA EMPREGA MULLER

PROGRAMA EMPREGA MULLER

PLAZO SOLICITUDE 08/01/2020 – 30/09/2020

ORDE 7 DE XANEIRO DE 2020

INFORMACIÓN E PRESENTACION SOLICITUDES :

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR350A

A Xunta de Galicia publicou no DOGA do 7 de xaneiro de 2020 a ORDE do 20 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do programa Emprega Muller para a contratación por conta allea e a formación das mulleres desempregadas.

Coa finalidade de facilitar a inserción laboral das mulleres desempregadas que presentan desvantaxes e dificultades particulares para acceder ou permanecer no mercado de traballo, esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras dos incentivos á súa contratación por conta allea, en réxime de concorrencia non competitiva, e proceder á súa convocatoria para o ano 2020.

Por medio desta convocatoria as empresas terán a posibilidade de obter axudas para a contratación por conta allea e a formación de mulleres desempregadas (código de procedemento  TR350A).

Inclúense dous tipos de axuda compatibles:

  1. Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención á contratación indefinida inicial, á contratación temporal cunha duración inicial mínima de 12 meses, á transformación de contratos temporais en indefinidos que deberán ser a tempo completo e, no caso de contratos indefinidos a tempo parcial, subvencionarase o incremento de xornada que deberá alcanzar a xornada a tempo completo ordinaria ou a establecida no convenio colectivo de aplicación.
  2. Bono de formación (opcional) dirixido ás mulleres contratadas por medio desta orde para levar a cabo acciones formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo, excepto nos casos de incremento da xornada e transformación de contratos temporais en indefinidos.

índice

aedl
Axencia de desenvolvemento local Concello de Monterrei