PROGRAMA EMPREGA XUVENTUDE DE INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN DE PERSOAS MOZAS

PROGRAMA EMPREGA XUVENTUDE DE INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN DE PERSOAS MOZAS

PLAZO SOLICITUDE 08/01/2020 – 30/09/2020

 ENLACE ORDE DOGA 7 DE XANEIRO DE 2020

INFORMACION E PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

 https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR349T

A Xunta de Galicia publicou no DOGA do 7 de xaneiro de 2020 a ORDE do 20 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do programa Emprega Xuventude de incentivos á contratación e formación de persoas mozas (código de procedemento TR349T).

A finalidade  do PROGRAMA EMPREGA XUVENTUDE é a de facilitar a inserción laboral das persoas mozas menores de 30 anos desempregadas que presentan desvantaxes e dificultades particulares para permanecer no mercado de traballo, favorecer o emprego estable e facilitar a empregabilidade e  ocupabilidad.

Por medio desta convocatoria as empresas terán a posibilidade de obter axudas para a contratación indefinida inicial, a contratación temporal cunha duración inicial mínima de 12 meses e formación por conta allea.

TIPOS DE AXUDA

 BONO DE CONTRATACIÓN

Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación indefinida inicial e a temporal, cunha duración mínima inicial de doce meses, das persoas desempregadas mozos menores de 30 anos.  A persoa desempregada pola que se solicita a subvención á contratación ten que cumprir os seguintes requisitos:

  • Ser menor de 30 anos.
  • Estar en situación de desemprego no momento do inicio da relación laboral.
  • Como consecuencia da contratación indefinida inicial pola que se solicita subvención ten que incrementarse o persoal fixo e neto da empresa, no ámbito territorial de Galicia, respecto a os tres meses anteriores ao mes de realización da contratación pola que se solicita subvención. Para o cálculo do incremento do persoal fixo e neto non se computarán ás persoas traballadoras cuxas baixas se producisen por dimisión da persoa traballadora ou por morte, xubilación, incapacidade permanente total ou absoluta ou gran invalidez legalmente recoñecidas ou por resolución do contrato de traballo durante o período de proba. No caso de que nos tres meses anteriores á contratación pola que se solicita a subvención coincida con períodos de inactividade de persoas traballadoras fixas descontinuas, estas computaranse como persoal fixo.
  • Os incentivos previstos neste procedemento serán de aplicación a todas as modalidades contractuais de carácter temporal a tempo completo que se realicen con persoas mozas, excepto os contratos para a formación e a aprendizaxe .Os contratos temporais terán unha duración mínima inicial de 12 meses. Como consecuencia da contratación temporal que se fomenta ten que incrementarse o emprego neto da empresa no ámbito territorial de Galicia respecto a os tres meses anteriores ao mes da contratación. Para o cálculo do incremento do emprego neto non se computarán as persoas traballadoras cuxas baixas se producisen por propia vontade da persoa traballadora ou por morte, xubilación, incapacidade permanente total ou absoluta ou gran invalidez legalmente recoñecidas ou por resolución durante o período de proba. No caso de que nos tres meses anteriores á contratación pola que se solicita a subvención coincida con períodos de inactividade de persoas traballadoras fixas-descontinuas, estas computaranse como persoal fixo.
  • As contratacións polas que se solicita subvención deberán formalizarse e comunicarse á oficina pública de emprego na forma regulamentariamente establecida.

BONO DE FORMACION

Bono de formación (opcional), dirixido ás persoas contratadas por medio desta orde, para levar a cabo acciones formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo. As empresas que así o soliciten poderán ser beneficiarias dun bono para a formación das persoas traballadoras subvencionadas por medio do Programa de bono de contratación previsto nesta orde. Para isto teñen que cumprir os seguintes requisitos:

  • A persoa traballadora que recibe a formación e tutorización ten que ser a mesma que participa no programa de bonos de contratación e, por tanto, cumprir os mesmos requisitos que se establecen para participar no capítulo II.
  • En canto á duración da acción formativa, será dun mínimo de 70 horas no caso dos contratos indefinidos iniciais e dunha duración mínima de 50 horas no caso dos contratos temporais, de formación teórica en contidos relacionados co posto de traballo a que asista integramente a persoa traballadora que participa neste programa.
  • Exclúese deste tipo de axuda a formación nas modalidades de teleformación e a distancia.
  • A acción formativa terá lugar dentro dos tres primeiros meses desde o inicio do contrato e deberá estar finalizada o 30 de novembro de 2020.
  • Para as contratacións realizadas entre o 1 de outubro de 2019 e a data de publicación desta orde a acción formativa levará a cabo no prazo de tres meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación.

índice

aedl
Axencia de desenvolvemento local Concello de Monterrei