NOVA PLATAFORMA REDE XATEMPREGO

A plataforma Xatemprego é unha rede de apoio ao emprego, o emprendemento e o desenvolvemento local en Galicia

Da colaboración entre a Xunta de Galicia e diferentes axentes públicos (onde destacan concellos e deputacións) e privados, xurde a rede de persoal técnico de emprego de Galicia, coñecida como Rede Xatemprego, co obxecto de reforzar no territorio as políticas de impulso ao emprego e ao emprendemento, así como para potenciar o desenvolvemento local.

Entre as funcións do persoal da rede Xatemprego destacan as seguintes:

  • Promoción do emprendemento como oportunidade de emprego.
  • Asesoramento e acompañamento na posta en marcha dos proxectos de empresa.
  • Apoio en xestión empresarial para empresas xa constituídas durante as súas primeiras etapas de funcionamento.
  • Identificación e difusión no territorio de novas oportunidades de negocio e de emprego.
  • Dinamización de recursos infrautilizados e de iniciativas innovadoras para a xeración de emprego.
  • Difusión e estimulo de oportunidades de creación de actividade entre as persoas desempregadas, promotoras e emprendedoras, así como de institucións colaboradoras.
  • E outras actividades que contribúan á promoción e implantación de políticas activas de emprego, relacionadas coa creación de actividade empresarial apegada ao territorio.

Estas funcións tradúcense en servizos que desde a Rede Xatemprego se prestan ás persoas interesadas, sempre de xeito gratuíto.

Se tes interese en acceder a calquera dos ditos servizos, consulta onde atopar apoio desde o seguinte enlace

https://xatemprego.gal/tecnicos

Enalce Oficina da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Monterrei

AEDL Concello de Monterrei

 

 

aedl
Axencia de desenvolvemento local Concello de Monterrei