Axudas á apicultura – 2020

MR506A e B –  Axudas á apicultura

Data de publicación: 27 de maio de 2020

Data de inicio solicitude: 28 de maio de 2020

Data de remate solicitude: 29 de xuño de 2020

Obxecto

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a concesión das axudas para o fomento daquelas actividades destinadas a mellorar a produción e comercialización dos produtos da apicultura e proceder á súa convocatoria para o ano 2020.

Características da axuda

Poderán ser obxecto das axudas, de acordo coa normativa comunitaria, aquelas actividades ou investimentos que estean recollidos no programa nacional e encamiñadas a acadar os obxectivos das seguintes liñas de actuación:

Liña A. Asistencia técnica a apicultores e organizacións de apicultores (A esta liña só poderán optar as agrupacións de apicultores)

Liña B. Loita contra as agresións e enfermidades da colmea.

Liña C. Racionalización da transhumancia.

Liña E. Medidas de apoio á repoboación da cabana apícola.

Persoas beneficiarias

Aquelas persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións apícolas, incluídas aquelas de titularidade compartida recollidas na Lei 35/2011, do 4 de outubro, sobre titularidade compartida das explotacións agrarias. Ademais, as persoas beneficiarias deberán cumprir coas obrigas establecidas no artigo 14 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Cooperativas apícolas e organizacións representativas con personalidade xurídica propia, na medida en que os seus integrantes cumpran os requisitos para ser beneficiarios dalgunha ou dalgunhas das axudas recollidas no Programa 2020-2022.

FICHA INFORMATIVA NA SEDE ELECTRÓNICA DA XUNTA DE GALICIA

 

aedl
Axencia de desenvolvemento local Concello de Monterrei