Axudas correspondentes ao Plan de Renovación do parque nacional de maquinaria agrícola (PLAN RENOVE) – 2020

BDNS 509682 – Axudas correspondentes ao Plan de Renovación do parque nacional de maquinaria agrícola (PLAN RENOVE) – 2020

Data de publicación: 13/06/2020

Data inicio de solicitude: 15/06/2020

Data fin solicitude: 15/09/2020

Obxecto

La publicación regula o contido e o procedemento de tramitación das axudas correspondentes ao Plan de Renovación do parque nacional de maquinaria agrícola.

Características da axuda

Concesión directa das subvencións estatais destinadas á adquisición dos seguintes tipos de máquinas novas (de acordo co artigo 4 do Real Decreto 704/2017, de 7 de xullo):

a) Tractores.

b) Máquinas automotrices: de recoleción, de aplicación de produtos fitosanitarios e fertilizantes, excluídas cisternas de purín.

c) Máquinas arrastradas ou suspendidas: sementadora directa, aboadora, equipos de aplicación de produtos fitosanitarios, cisternas de purín con sistemas de localización de produto no solo (rexas e discos -para aplicación no solo-, tubos flexibles -mangueiras- ou ríxidos -para aplicación xusto sobre o solo-, así como sistemas de localización de purín no solo independientemente da cisterna.

Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias desta axuda as persoas físicas, empresas privadas e agrupacións de agricultores incluídos no artigo 3 do Real Decreto 704/2017, de 7 de xullo. As persoas beneficiarias deberán cumprir os requirimentos establecidos nos artigos 3 e 4 do dito real decreto.

PUBLICACIÓN BOE

aedl
Axencia de desenvolvemento local Concello de Monterrei