Subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas de cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego e empresas de inserción – TR802H e TR358D

TR802H e TR358D – Subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas de cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego e empresas de inserción (2021)

Publicación DOG

Presentación de Solicitudes Sede Electrónica Xunta de Galicia procedemento TR802H

Presentación de Solicitudes Sede Electrónica Xunta de Galicia Procedemento TR358D

Data de publicación: 20/1/2021

Data inicio de solicitude: 21/1/2021

Data remate de solicitude: 22/2/2021

Obxecto

As bases teñen por obxecto convocar a concesión de subvencións destinadas a sufragar os gastos de organización interna e funcionamento de entidades representativas da economía social, a través dos seguintes programas de axudas:

Programa I. Fomento e consolidación das asociacións de cooperativas e de sociedades laborais (procedemento TR802H). A finalidade deste programa de subvencións é o fomento e consolidación das entidades representativas da economía social de Galicia, en concreto das asociacións de cooperativas e de sociedades laborais, subvencionando parcialmente os seus gastos de funcionamento.

Programa II. Fomento e consolidación das asociacións de centros especiais de emprego e empresas de inserción laboral (procedemento TR358D). A finalidade deste programa é o fomento e consolidación das entidades representativas da economía social de Galicia, en concreto das asociacións de centros especiais de emprego e de empresas de inserción laboral, subvencionando parcialmente os seus gastos de funcionamento.

Características da axuda

Dentro do Programa I (TR802H) considéranse gastos de funcionamento subvencionables os que se indican a continuación:

a) Alugamentos de locais e equipamentos.

b) Gastos de persoal da asociación. Neste concepto só se terán en conta o salario base, os complementos de antigüidade e os asociados á categoría profesional ou ao posto de traballo, as pagas extraordinarias, así como as cotizacións sociais e as cantidades retidas en concepto de IRPF.

c) Axudas de custo e desprazamento.

d) Gastos de subministracións eléctricas, de telefonía, de gas e auga.

e) Primas de seguros.

f) Material de oficina, comunicacións e publicacións diversas.

g) Mantemento da páxina web da asociación e xestión de redes sociais, difusión e publicidade.

h) Servizos profesionais independentes, incluídos os gastos derivados do informe auditor da conta xustificativa a que se refire o artigo 31. En ningún caso serán subvencionables os gastos por servizos profesionais que poidan derivar da contratación dalgún membro dos órganos de goberno da entidade solicitante.

i) Cotas asociativas a entidades de intercooperación.

j) Gastos de participación do persoal pertencente á entidade beneficiaria en congresos, seminarios, xornadas e outras actividades de natureza semellante.

Dentro do Programa II (TR358D) considéranse gastos de funcionamento subvencionables os que se indican a continuación:

a) Alugamentos de locais e equipamentos.

b) Gastos de persoal da asociación. Neste concepto só se terán en conta o salario base, os complementos de antigüidade e os asociados á categoría profesional ou ao posto de traballo, as pagas extraordinarias, as cotizacións sociais e as cantidades retidas en concepto de IRPF.

c) Axudas de custo e desprazamento.

d) Gastos de subministracións eléctricas, de telefonía, de gas e auga.

e) Primas de seguros.

f) Material de oficina, comunicacións e publicacións diversas.

g) Mantemento da páxina web da asociación, e xestión de redes sociais, difusión e publicidade.

h) Servizos profesionais independentes, incluídos os gastos derivados do informe de auditoría da conta xustificativa a que se refire o artigo 38. En ningún caso serán subvencionables os gastos por servizos profesionais que poidan derivar da contratación dalgún membro dos órganos de goberno da entidade solicitante.

i) Cotas asociativas a entidades de intercooperación.

j) Gastos de organización ou participación en congresos, seminarios, xornadas e outras actividades de natureza semellante.

k) Gastos ocasionados pola elaboración de estudos e publicacións, pola realización de actividades de formación en Galicia ou pola implantación de proxectos ou programas de promoción dos centros especiais de emprego ou das empresas de inserción en Galicia.

Persoas beneficiarias

Poderanse acoller ás subvencións recollidas nesta orde, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos para cada tipo de axuda:

a) Para as actuacións previstas no programa I as asociacións de cooperativas con actividade acreditada e debidamente inscritas no Rexistro Central de Cooperativas de Galicia, dependente da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, así como as asociacións de sociedades laborais debidamente inscritas e con actividade acreditada, que agrupen principalmente entidades inscritas no Rexistro de Sociedades Laborais de Galicia.

b) Para as actuacións previstas no programa II poderán ser beneficiarias as asociacións de centros especiais de emprego que asocien principalmente centros inscritos como tales no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, así como as asociacións de empresas de inserción laboral que asocien principalmente empresas inscritas como tales no Rexistro Administrativo de Empresas de Inserción Laboral de Galicia.

aedl
Axencia de desenvolvemento local Concello de Monterrei