II PLAN DE RESCATE DA XUNTA DE GALICIA – PROGRAMA I PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS (TR500A)

Publicación DOG

Presentación de Solicitudes Sede Electrónica Xunta de Galicia

Infografia TR500A AUTÓNOMOS

Data de publicación 18/02/2021

Data inicio solicitudes 19/02/2021

Data Fin de solicitudes 18/03/2021

Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nesta orde as persoas traballadoras autónomas de Galicia do II Plan de rescate das persoas traballadoras autónomas e das microempresas afectadas pola crise da COVID-19 a través do Programa I de apoio ás persoas traballadoras autónomas ( TR500A).

A finalidade deste programa é a concesión dunha axuda económica ás persoas traballadoras autónomas, para facer fronte á situación económica motivada pola pandemia da COVID-19, que contribúa ao mantemento da actividade económica e do emprego.

Serán persoas beneficiarias deste axuda:

Todas as persoas traballadoras autónomas de alta no RETA ou no réxime de traballadores do mar como persoas traballadoras por conta propia e que teñan o domicilio fiscal en Galicia, incluídos os autónomos societarios que tivesen unha alta anterior ao 30.3.2020 e que acrediten unha baixada de facturación de, polo menos, o 45 % nos termos establecidos no artigo 19.3.
As persoas autónomas societarias, que estean de alta no RETA ou réxime de traballadores do mar en data anterior ao 30.3.2020 e indiquen no anexo I unha empresa da que sexan societarios cunha porcentaxe de participación mínima do 25 %, e cumpra os requisitos de baixada de facturación.
Tamén poderán ser beneficiarias as persoas traballadoras autónomas de tempada, sempre que acrediten que, aínda que non estean de alta no momento da presentación da súa solicitude, estivesen de alta un mínimo de catro (4) meses e máximo de nove (9) meses, en cada un dos anos 2018 e 2019. 4. Entenderase como actividade especialmente paralizada aquela que tivese unha baixada de facturación igual ou superior ao 70 %
Unicamente pódese presentar unha solicitude por persoa física.

As axudas económicas serán as seguintes:

a) 1.200 € para as persoas que acrediten unha baixada de facturación entre o 45 % e o 60 %.

b) 2.000 € para as persoas que acrediten unha baixada de facturación de máis dun 60 % e de menos do 70 %.

b) 3.000 € para as persoas que acrediten unha baixada de facturación igual ou superior ao 70 %.

Para as persoas autónomas de tempada, os importes da axuda serán o 50 % das cantidades indicadas no apartado anterior.

A baixada de facturación calcularase de maneira xeral comparando os datos de facturación anual de 2020 cos de 2019

Máis información no teléfono gratuito

900 815 600

(Horario de atención: de lunes a viernes de 8:00 a 15:00 horas)

aedl
Axencia de desenvolvemento local Concello de Monterrei