II PLAN DE RESCATE DA XUNTA DE GALICIA – PROGRAMA II MICROEMPRESAS (TR500B)

Publicación DOG

Presentación de Solicitudes Sede Electrónica Xunta de Galicia

Infografía II, TR500B, Microempresas

Publicación 18/02/2021

Plazo inicio de solicitudes 19/02/2021

Plazo fin  desolicitudes 18/03/2021

Persoas beneficiarias

As persoas ou entidades beneficiarias serán as persoas traballadoras autónomas, as microempresas e, excepcionalmente, as pemes conforme ao indicado no artigo 29 da convocatoria, sempre que teñan persoal contratado por conta allea ao seu cargo e que tivesen unha baixada de facturación de polo menos o 45 %.

Requisitos

As persoas ou entidades beneficiarias deberán cumprir todos e cada un destes requisitos:

Ter domicilio fiscal en Galicia

Que a facturación baixase polo menos na cantidade indicada no apartado anterior no ano 2020 segundo o cálculo definido no artigo 31.

Entenderase como actividade especialmente paralizada aquela que tivese un descenso de facturación igual ou superior ao 70 %

Contía da axuda económica

As axudas concederanse polos seguintes importes:

a) 4.000 € para as persoas ou entidades que acrediten unha baixada de facturación de entre o 45 % e o 60 %.

b) 5.000 € para as persoas ou entidades que acrediten unha baixada de facturación de máis dun 60 % e de menos do 70 %.

c) 6.000 € para as persoas ou entidades que acrediten unha baixada de facturación igual ou superior ao 70 %.

Excepcionalmente, contémplanse outros parámetros para os seguintes supostos:

a) Para as altas ou empresas creadas ao longo do ano 2019, a baixada de facturación calcularase comparando a facturación media mensual dos meses con actividade do ano 2019 coa facturación media dos meses do ano 2020.

b) Para as altas ou empresas creadas desde o 1.1.2020 ao 31.3.2020, a baixada de facturación calcularase comparando a facturación media mensual dos meses con actividade do primeiro trimestre do ano 2020 coa media mensual dos tres trimestres restantes de ano 2020.

Dita cantidade incrementarase ata 3.000 € en función do número de persoas traballadoras por conta allea que teñan no momento da publicación da orde, segundo a seguinte escala:

a) 1.000 € se teñen de 4 a 9 persoas traballadoras.

b) 2.000 € se teñen de 10 a 20 persoas traballadoras.

c) 3.000 € se teñen de 21 a 25 persoas traballadoras

A baixada de facturación calcularase de maneira xeral comparando os datos de facturación anual do ano 2019 cos do ano 2020.
Compromiso

As persoas beneficiarias deberán manter a actividade económica e o emprego durante 6 meses desde a data de publicación no Diario Oficial de Galicia desta orde de axudas.

Máis información no teléfono gratuito

900 815 600

(Horario de atención: de lunes a viernes de 8:00 a 18:00 horas)

aedl
Axencia de desenvolvemento local Concello de Monterrei