AXUDAS SECTOR HOSTALERÍA E OUTRAS ACTIVIDADES PECHADAS

PUBLICACIÓN DOGA

Infografía II, TR500C, Hostalería

Infografía II, TR500D, Outras

Publicación 23/02/2021

Inicio solicitudes 24/02/2021

Fin solicitudes 23/03/2021

PROGRAMA I – HOSTALERÍA (TR500C)

Persoas beneficiarias

Persoas autónomas con ou sen persoal contratado, microempresas e pemes do sector da hostalería (hoteis, hostais, casas rurais e outro tipo de aloxamentos) afectadas por peche conforme a normativa sanitaria.

Ten a consideración de peche o realizado por aquel establecemento que non poida ter aberto ao público o interior do mesmo, independientemente do servizo en terrazas e do servizo de envío a domicilio ou recollida no local e, no caso dos hoteis e outros aloxamentos , o peche perimetral do concello no que se sitúen.

Compatible con outras axudas do Plan de Rescate da Xunta de Galicia e outras AA.PP.

Requisitos

  • Ter domicilio fiscal en Galicia
  • Desenvolver a actividade nun concello galego afectado polo peche ditado pola autoridade sanitaria da Xunta de Galicia segundo os decretos e ordes publicadas dende o 4 de xaneiro de 2021.

Solicitudes

Poderase solicitar unha axuda por cada establecemento pechado, polo que unha mesma persoa beneficiaria pode ter dereito a varias axudas, pero presentarase unha única solicitude por persoa titular con todos os establecementos afectados.

Enlace presentación solicitudes

Presentación de Solicitudes Sede Electrónica Xunta de Galicia (TR500C)

Contía da axuda

Os importes refírense a establecementos pechados ou hoteis, hostais, casa rurais e outros aloxamentos afectados por peche perimetral dende as datas indicadas en cada caso.

Pechado dende o 27 de xaneiro – axuda única de 1.900€

Pechado dende o 21 de xaneiro – axuda única de 2.200 €

Pechado por dúas ou máis ordes – axuda única de 2.700 €

Para establecementos que ocupen a 10 ou máis persoas traballadoras, incrementarase a axuda en 1.000 €

PROGRAMA II – OUTRAS ACTIVIDADES PECHADAS (TR500D)

Persoas beneficiarias

Persoas autónomas con ou sen persoal contratado, microempresas e pemes en actividades económicas diferentes da hostalería afectadas por peche conforme a normativa sanitaria.

(Exclúese a hostalería, restauración e os establecementos de lecer e entretemento como salas de festas, discotecas, pubs, café espectáculos e furanchos, por estar encadrados no Programa I)

Ten consideración de peche o realizado por aquel establecemento que non poida ter aberto segundo a normativa sanitaria e se atopen no apartado 4 Medidas especiais para determinadas actividades do Anexo da orde do 26 de xaneiro de 2021. Incúense as atraccións de feiras, sempre que se trate de actividades nas cales non exista establecemento aberto ao público.

Compatible con outras axudas do Plan de Rescate da Xunta de Galicia e outras AA.PP.

Requisitos

  • Ter domicilio fiscal en Galicia
  • Desenvolver a actividade nun concello galego afectado polo peche ditado pola autoridade sanitaria da Xunta de Galicia segundo os decretos e ordes publicadas dende o 4 de xaneiro de 2021.

Solicitudes

Poderase solicitar unha axuda por cada establecemento pechado, polo qye unha mesma persoa beneficiaria pode ter dereito a varias axudas, pero presentarase unha única solicitude por persoa titular con todos os establecementos afectados.

Enlace Presentación de Solicitudes

Presentación de Solicitudes Sede Electrónica Xunta de Galicia (TR500D)

Contía da Axuda

Os importes refírense a establecementos pechados dende as datas indicadas en cada caso.

Pechado dende o 27 de xaneiro – axuda única de 1.900€

Pechado dende o 21 de xaneiro – axuda única de 2.200€

Pechado por dúas ou máis ordes – axuda única de 2.700€

Atraccións de feira incluídas – axuda de 2.700€

Para establecementos que ocupen a 10 ou máis persoas traballadoras, incrementarase a axuda en 1.000 €.

IMPORTANTE

Poderá eximirse do requisito de estar ao corrente das obrigas tributarias no momento da solicitude da axuda sempre que:

  • A débeda non supere o 80% da axuda solicitada.
  • A persoa se comprometa a saldar as débedas no prazo de 15 días naturais dese a recepción do anticipo da axuda (unha vez satisfeita a débeda deberá comunicalo)

PARA MÁIS INFORMACIÓN CHAMAR O TELÉFONO GRATUITO

900 815 600

(HORARIO DE LUNS A VENRES DE 8:00 – 18:00)

aedl
Axencia de desenvolvemento local Concello de Monterrei