Subvencións para proxectos de enerxías renovables térmicas – 2021

IN421G – Subvencións para proxectos de enerxías renovables térmicas – 2021

Ficha informativa sede electrónica Xunta de Galicia

Anuncio DOG

Data de publicación: 25/05/2021
Data inicio de solicitude: 26/05/2021
Data remate de solicitude: 25/06/2021

As bases teñen por obxecto establecer as bases reguladoras e promover a convocatoria das subvencións para apoiar proxectos con fins de aforro enerxético e fomento do uso racional das enerxías renovables.

Obxecto

Os proxectos limitaranse a instalacións para a xeración de enerxía térmica mediante equipamentos que utilicen biomasa como combustible e outras instalacións de enerxías renovables que utilicen como fonte enerxética a xeotermia, a aerotermia e a solar térmica.

Características da axuda

Poderán obter dereito a subvención todas aquelas actuacións descritas no artigo 6.1 das bases que se executen dentro do territorio da Comunidade Autónoma e o prazo de execución dos proxectos subvencionables iniciarase unha vez que se teña efectuada a solicitude de axuda ante esta entidade e rematará no prazo previsto:

a) O equipamento principal de xeración enerxética (paneis solares, bomba de calor, caldeira…). No caso da biomasa, o custo do equipamento térmico e os seus accesorios principais (sistema de regulación e control, sistemas de limpeza, depuración de fumes, extracción de cinzas).

b) O resto de accesorios da instalación para o correcto funcionamento do sistema.

c) O custo do sistema de almacenamento do combustible.

d) O custo do sistema de alimentación do combustible.

e) O custo de montaxe e conexionado.

f) No caso da enerxía xeotérmica, o sistema de captación do recurso xeotérmico: sondeos, intercambiadores, acumuladores, tubaxes, outros.

g) No caso de redes de distribución de calor con biomasa, o custo da rede de distribución de enerxía térmica (ata a sala de caldeira existente se se conecta a ela ou, no caso contrario, ao punto de entrada ao edificio) e, se for o caso, o custo dos sistemas para a conexión coas salas de caldeiras existentes. A obra civil necesaria da sala de caldeiras.

Persoas beneficiarias

Poderán acceder á condición de beneficiarias das presentes subvencións:

a) As entidades locais de Galicia e entidades delas dependentes.

b) As entidades sen ánimo de lucro.

c) Empresas legalmente constituídas e autónomos

aedl
Axencia de desenvolvemento local Concello de Monterrei