A evolución da poboación pódese estructurar en dúas fases ben marcadas. A primeira caracterizada por unha evolución en xeral positiva chega ata os anos 40 do século pasado, nos que se acada o máximo demográfico.
As segunda, e en termos negativos, abrange dende mediados do século 20 ata os nosos días.
A emigración, en tres frontes principais, América, Europa e zonas máis industrializadas do resto de España, influíu negativamente, o igual que no resto de Galicia.
Podemos apreciar como en medio século o concello foi quen de perder practicamente o 50% da súa poboación, sendo a perda máis acusada en dúas décadas principalmente, a dos 60, na que a principal perda se derivou da emigración americana. E na década dos 80, no que houbo unha merma do 26% da poboación sendo o seu principal destino as zonas máis industrializadas do resto do estado español.
Na actualidade o concello conta con 3098 habitantes repartidos entre as distintas parroquias, sendo Albarellos e Vilaza as máis poboadas.