En Galicia atópanse una gran variedade de augas minerais debido a diversidade de terreos que nela se atopan, constituídos por todas las clases de rochas.
Na ampla depresión de Monterrei e Verín, e relacionados coa longa fractura de Laza, existe unha gran riqueza de augas minerais, que deron lugar a cinco importantes balnearios dos que hoxe só hai uns cantos nos que se empregan as súas augas para bebidas envasadas.
Uno destes mananciais abandoados é o situado na parroquia de Requeixo ou Vilaza, que tamén tivo pranta de envasado, sendo as súas augas bicarbonatadas sódicas e a súa temperatura de 20,5°C. Non funciona desde 1961.
Quedan restos dos seus xardíns bordeados de barandas brancas e as paredes do seu hotel que polo aspecto suponse foi un edificio elegante. Máis arriba seguindo o curso da auga chégase a unha zona de rochas onde nace o manancial.
Características máis definidas deste manancial atopámolas de seguido:
Foi declarada de utilidade pública en 1906. Caudal de 83 litros/minuto, temperatura de 24ºC. Auga transparente, incolora, inodora de sabor lixeiramente alcalino (mineralización media), bicarbonatadossódicas, fluoradas e litínicas.
Excelente para problemas de pel e reumáticos, con baños e técnicas externas.
O manancial nace de abaixo a arriba (cuberto por pedras, como unha fonte rústica).
Caudal constante, non moi abundante e de temperatura fría. Envasada conserva as súas propiedades, olor e sabor menos de 24 horas.
Preto de aquí, facendo un percorrido pola comarca, podemos atopar outros catro mananciais, tres dos cales contan cun aproveitamento comercial e son os de : Sousas, Fontenova e Cabreiroá.
Balneario de Sousas
Situado no límite urbán sur de Verín, emprégase ahora só para tratamentos por vía oral ou hidropínica, nunha fonte que se atopa nun antigo e espléndido quiosco hexagonal. As calidades das súas augas fainas apropiadas para afeccións renais, hepáticas, do aparato dixestivo e tratamentos diuréticos. Actualmente existe unha pranta envasadora, que emprega un pozo do que se extrae auga fortemente mineralizada (con gas) de composición bicarbonatada-fluorurada sódica e outro cunha auga, sen gas, de mineralización débil bicarbonatada sódica, xurdindo as dúas cunha temperatura duns 20 ºC.
Balneario de Cabreiroá
Esta pranta envasadora situada a 1,2 km del núcleo urbán de Verín, ten
tamén un gran edificio de balneroterapia construído en 1906, hoxe sen
uso, embotella unha auga de mineralización débil moi recomendadas para
afeccións estomacais, intestinais, do fígado, litiasis renal e biliar.
Existe a maiores outro pozo do que xorde unha auga de débil
mineralización bicarbonatada sódica cálcica, sen gas, moi apropiada
para bebida e tamén con moi boas calidades para a diuresis renal e para
o aparato dixestivo.
Balneario de Fontenova
As augas desta planta envasadora situada no centro urbán de Verín
empregáronse para o balneario que foi construído en 1935, cesando a súa
actividade en 1960; pero continuando o seu uso como auga envasada de
forte mineralización e con gas. As súas augas estaban recomendadas para
o tratamento de reumatismo, litiasis renal, gota, afeccións hepáticas e
dispepsia gástrica. Noutro pozo da mesma finca xorde unha auga, sen
gas, sendo unha boa auga de bebida e moi dixestiva.
Fonte do Sapo
Situada a 1km de Verín pola N-525 dirección a Madrid, por un camiño á
esquerda da estrada chégase a esa fonte. A súa auga brota dunha pedra
no medio dun prado e posúe un arrecendo un tanto peculiar debido a súa
composición.
Indicada para enfermidades da pel.
Parte da información aquí recollida foi extraída do estudo EL
PATRIMONIO HIDROMINERAL DE LA COMUNIDAD AUTÓNOMA DE GALICIA, Antonio
RAMIREZ ORTEGA, María Esperanza RIAL LEMOS, Javier-Angel RAMÍREZ
MASFERRER.