Especies vexetais:

Salix salvifolia subsp. australis
Cistus ladanifer
Lavandula stoechas subs. Sampaiana
Cytisus multiflorus
Cytisus multiflorus (Detalle en flor)

Quecus ilex subsp. ballota.
Especies animais:
Aves:

GABIÁN, (Accipiter nisus Bodd.)
En Galicia é sedentaria, non escasa e cría irregularmente en todo o territorio. Tamén veñen invernantes de Europa.

LAVANCO REAL, Anas platyrhynchos (Linn.)
Na nosa terra, Galicia, é sedentario con numerosos individuos invernantes, entre 4000 e 10000, que parecen ir en aumento. Reprodúcese tanto na beiramar coma seguindo os cursos fluviais e outras zonas húmidas. Como aniñante é a anátida máis común, aínda que nos últimos anos sufriu unha certa regresión por culpa das alteracións no seu hábitat.

GARZA REAL, Ardea cinerea (Linn.)
En Galicia vese sobre todo en outono-inverno, aínda que no verán permanecen exemplares inmaduros.

OURIOLO, (Oriolus oriolus Linn.)
En Galicia é común. Chega a finais de abril e permanece ata finais de agosto-setembro.
Anfibios:

Sapo de espolóns (Pelobates cultripes)
Sapo de costumes crepusculares e nocturnas, marcadamente terrestre, soe habitar lugares onde poida enterrase, terreos arenosos o poco compactos en las proximidades de charcas o arroyos o terrenos con cierta humedad.
Reptís:

Escáncer cego (Blanus cinereus)
Presente en enciñares, carballeiras e piñeirais de tipo mediterráneo
Estrictamente adaptada a vida subterránea, especializada en cavar túneles e na localización de presas baixo terra.
Lagartixa rabuda (Psammodromus algirus)
Soen observarse ligados a vexetación que empregan como refuxio,
fonte de alimento e elemento de termorregulación. Son capaces de trepar ata alturas considerables.
Lagartixa cincenta (Psammodromus hispanicus)
De costumes diarias. Vive no solo cerca do mato, onde se refuxia ó menor perigo. Non está adaptada a trepar.
Peixes:
Barbo (Barbus barbus bocagei)
Pode chegar ata 90 cms. ou 1 metro, a media está entre 20-25 cms. O peso pode chegar ata os 12-16 kg aínda que a media anda nos 500 grs
Aliméntase sobre todo de noite de invertebrados bentónicos, ovos de peixes, pequenos peixes e detritus vexetais que localiza coas barbas.
Pancha ou Escalo (Leuciscus carolitertii)
Medios moi diversos atopándose tanto en tramos de lata montaña como en zonas baixas.
É un ciprínido de tamaño medio que raramente acada os 250 mm de lonxitude total. O corpo é alongado.
Mamíferos:

Rato moruno (Mus spretus)
A súa cola curta e o menor tamaño dos seus ollos son os rasgos que máis o diferencian do rato de campo.

Morcego rabudo (Tadarida teniotis)
Vive en calquera lugar que lle ofreza refuxios adecuados como as rochas, aínda que tamén se atopa en áreas urbanas, ocupando caixas de persianas, xuntas de dilatación de edificios, pontes, etc. de forma ocasional pode guarecerse en árbores.