Un percorrido polo concello lévanos a atopar diferentes tipos de exemplos arquitectónicos dunha época pasada chea de romanticismo e historia.
Numerosos vestixios proban a presenza nestas terras dos romanos. Unha destas probas son os restos da calzada romana que xuntaba as vías XVII e XVIII do itinerario Antonino, constatado nos miliarios que marcan a ruta, como os que se poden atopar a ambas marxes do camiño de Lamas (en Cualedro) a Guimarei (en Monterrei), nos terreos públicos localizados ó borde da actual pista que dende a N – 525, leva ó lugar de Lamas.
A calzada que sinalizan parece tratarse dunha vía paralela a coñecida como Vía do Támega (Chaves – Ourense – Lugo), que iría dende Chaves a Xinzo de Lima, case en paralelo coa anterior pero máis ó oeste. Pódese considerar un ramal da famosa Vía da Prata que dende Córdoba chegaba ata Compostela.
A maioría de xacemento romanos presentes na zona continúan estando sen explotar, ben por medo ó espolio, ben por presentarse en propiedades particulares.
Posteriormente a presencia romana nestas terras resultaron ser as invasións de pobos xermánicos, dos que a poboación natural se defendeu empregando os castros. Con todo isto a presenza de restos arqueolóxicos datados nesta época resulta de pouca importancia. Menciónase o castro de Búbal, do que case non quedan vestixios, e o castro de Varonceli, no que na actualidade estaría asentado o Castelo de Monterrei.
Vivíronse épocas combulsas no concello cas posteriores invasións árabes e a reconquista. A importancia da zona en xeral debeuse o seu carácter fronteirizo motivo polo cal se repoboou a zona, carente ata o momento dun número inxente de efectivos humanos debido a falla de condicións de habitabilidade pola ausencia de auga.
Por este motivo, dende o século XII, viviuse a puxanza do termo de Monterrei.
Proba desta puxanza é que todas as parroquias do concello presentan elementos de interese:
• Albarellos: onde radica a capital do concello que antes ostentaba a vila de Monterrei.
• Vilaza: Atopamos numerosos blasóns polas súas rúas que dan fe da importancia fidalga da vila na Idade Media e épocas posteriores.
Atopámonos aquí cos pazos de Limia e Espada, varios petos de ánimas e reloxios de sol.
Tivo os seus orixes nunha vila romana.
• Mixós: Destaca pola súa importancia a Igrexa Prerománica con reminiscencias mozárabes e visigóticas datada do século IX-X.
• Monterrei: Atopámonos aquí co Castelo de Monterrei e o Parador Nacional,a Igrexa de Santa María de Gracia de estilo románico-óxival de transición do século XIII, o Palacio dos Condes (de corte renacentista, construído durante gran parte do século XVI e comezos do XVIII), o Hospital de Peregrinos (mandado construír polo abade Vasco Pérez no ano 1391) e as Murallas.
• Medeiros: na súa igrexa parroquial pódese atopar retablos e figuras diversas, destacando as firmadas por Alonso Martínez.
Atópanse restos dunha necrópole medieval en baixo estado de conservación.
• Flariz: conta cunha igrexa do último tercio do século XVII na que destaca unha importante torre central e uns relevos interiores con imaxes do Calvario. No lugar anexo de A Madalena consérvase unha casulla bordada con imaxes realizadas no século XVI.
Atopamos aquí o Santuario da Virxe da Caridade (no lugar do mesmo nome) onde en setembro se celebra unha importante Romería na honra desta Virxe.
• Estevesiños: na súa igrexa consérvanse pezas do coñecido artesán prateiro Rañoi.
• Vences: Existen nesta parroquia varias ermidas, e nela descubríronse diversos elementos da época romana e insculturas rupestres.
• San Cristovo: Posúe unha igrexa de mediados do século XVII e nas súas inmediacións levántanse os restos dunha importante fortificación castrexa.
• Infesta: Conta cunha igrexa de estilo románico con fachada reconstruída a comezos do XIX. Pola súas proximidades circulaba unha antiga vía romana.