I MARCHA BTT DO CONCELLO DE MONTERREI (FOTOS)

O pasado 12 de abril de 2009, o Concello de Monterrei celebrou a "I Marcha BTT do Concello de Monterrei", cunha participación de 145 participantes, o que para a organización foi un éxito rotundo, xa que e a primeira vez que se celebrou un evento coma este.

Por iso dende O Concello, adiantamos que para o ano 2010, repetiremos a experiencia tratando de mellorar os aspectos organizativos e aqueles outros que sexan mellorables, pois a expericncia adquirida na marcha deste ano, serviranos para afrontar a do ano que ven con máis garantías.

Do mesmo xeito, aproveitamos a ocasión para agradecerlle os sponsors e colaboradores a súa participación e axuda na organización da marcha, e agardamos contar con eles en vindeiras edicions.

Seguidamente, facílitase un enlace donde se poden ver as fotos que se sacaron dende distintos lugares do percorrido da marcha:

Sin nada máis que engadir, gracias a todolos participantes, e boas pedaladas.....

Markos Meno.