O Concello de Monterrei, ven de rematar a sinalización de dús rutas de sendeirismo, que percorren distintos lugares do concello.
A primeira, chamada "Río Támega", iniciase na localidade de Mixos, pasa pola Pousa, sube ata o Castelo, e chaga ata a Albarellos, onde da a volta e vove o Castelo para rematar de novo en Mixós. Ten unha distancia de 13 km e 400 metros, e asúa dificultade é media - baixa.
A segunda, chamada "Río Búbal", iníciase en Albarellos, pasa por Vilaza, sube ata a Caridade, vai a Flariz, pasa por Medeiros, volve pasar por Vilaza e remata de novo en Albarellos. Ten unha distancia de 21 km e 400 metros e a súa dificultade e media - alta.
Ambalas dúas, pódense facer, tanto a pé, en bicicleta de montaña, e incluso a cabalo.
Podes consultar o croquis de ambas rutas na sección de descargas