Situado, dende o punto de vistas das grandes unidades do relevo galego, na depresión da Limia, agochado entre as Serras Meridionais polo oeste e o Macizo de Manzaneda polo este, e pertencendo a cunca do Douro, confíreselle un carácter climático de tipo mediterráneo, facendo aptas as terras da zona para os cultivos típicos deste clima nas zonas de val.
A amplitude térmica anual existente nestas terras pode pasar dos 35ºC no verán a acadar os -5ºC no inverno, consecuencia da marcada continentalidade en relación ó resto de Galicia. Outra consecuencia derivada da forte continentalidade é a frecuente presenza de néboas (orixinadas pola excesiva perda por irradiación), axudadas pola protección que do seu perímetro fan as elevacións circundantes.
Consecuencia desta acción climática atopámonos que os solos presentes, nas partes do val, son bastante arxilosos, profundos, máis ben pesados e, nalgunhas zoas, incluso algo areosos, empréganse para pastos e cultivos, aínda que poden requirir un lixeiro rego na época máis seca.
As zoas máis altas do concello, domínana materiais autóctonos, granitoides alcalinos que derivan en solos delgados, pouco atractivos para o mantemento de especies tanto forestais como destinadas ó pastoreo, e con maiores posibilidades nos segundos.
Nestas zonas o clima é máis árido e frío, con frecuente presencia de neve no inverno, que limita enormemente o desenrolo de vexetación.