
Coa aparicion das novas tecnoloxias, surxen novas formas de comunicación, que evolucionan diariamente no beneficio da socialización dos homes e mulleres, e facilítanlle o poder achegarse e coñecer lugares e costumes a través de canles de comunicación que hai anos eran impensables, lóxicamente estámonos a referir ó espazo virtual.
O Concello de Monterrei quere amosar, a través deste espazo virtual a súa identidade, ó mesmo tempo que achega a Administración local ó cidadán e o incita a participar activamente no seu devir diario. O noso desexo é converter este espazo, nun lugar de encontro creativo, no que se poidan compartir e intercambiar opinións, e ó mesmo tempo ofrecer un servizo de información sobre os proxectos e actividades que está a desenvolver este concello, así como tamén aqueles que ten previsto realizar nun futuro próximo.
Con estas miras nace a nova páxina web do Concello de Monterrei. Por unha banda, dar a coñecer ó concello a súa actividade, e pola outra, servirlle ó cidadán de canle para contactar coa Administración local e expor as súas inquietudes.
Benvidos á páxina web do Concello de Monterrei, unha ferramenta que agardamos sexa do agrado e utilidade para todas aquelas persoas que teñan a ben visitala.
Jose Luis Suárez Conde
Alcalde do Concello de Monterrei.