Os dereitos de propiedade intelectual do portal www.monterrei.es e dos
elementos nel engadidos son titulariedade do Concello de Monterrei,
reservándose a facultade de efectuar modificacións e actualizacións sobre a
información contida no portal, en calquera momento, e sen necesidade de previo
aviso.
O uso non autorizado da información e demais elementos contidos neste portal,
así como os prexuízos ocasionados nos dereitos de propiedade intelectual e
industrial do Concello de Monterrei, dará lugar ao exercicio das accións que
legalmente lle correspondan a esta Administración e, no seu caso, ás
responsabilidades que dese dereito se puidesen derivar.
O contido facilitado a través desta web emítese para efectos simplemente
informativos e non substitúe a publicidade legal das leis, das disposicións e
dos actos que teñan que ser publicados formalmente nun boletín oficial. Aínda
que se efectuarán os esforzos precisos para que a información contida sexa
exacta e actualizada, o Concello de Monterrei non garante a inexistencia de
erros no contido deste sitio, nin que se encontre totalmente actualizado.
Unicamente os textos publicados nas edicións impresas do DOG ou doutros
boletínes oficiais teñen carácter auténtico e validez oficial.
O Concello de Monterrei non se fai responsable dos danos e das perdas que
puidera ocasionar o uso ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións
contidas na web, con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da
aplicación das disposicións legais a que deba someterse no estricto exercicio
das súas competencias.
Está prohibido o envío de correo masivo non solicitado ou de correo non
solicitado dirixido a contas de correo electrónico utilizadas nesta web.
Está prohibido utilizar esta web con fins comerciais ou de maneira inadecuada
atendendo á súa propia finalidade.
Tanto o acceso ao portal, como ao uso que poida facerse da información contida
no mesmo son da exclusiva responsabilidade do usuario.
O Concello de Monterrei non asume ningunha responsabilidade derivada da
conexión aos contidos dos enlaces a terceiros que poida conter o portal.
Recoñece que os dereitos de propiedade intelectual e industrial das páxinas
enlazadas, perténcenlles aos seus respectivos autores e propietarios e a
petición de calquera deles, o enlace ou enlaces retiraranse de xeito inmediato.
O tratamento dos datos de carácter persoal que se realice a través deste sitio
web estará suxeito ao establecido na Lei orgánica 15/1999, de protección de
datos de carácter persoal, e no resto da normativa de aplicación.