O castelo de Monterrei

Situación

O palacio-fortaleza de Monterrei atópase en na parroquia de Santa María, a 72 quilómetros de Ourense. A fortaleza elévase na confluencia de camiños entre Sanabria e Ourense, preto do río Támega, na zona máis elevada do fermoso val de Monterrei, dende onde domina o territorio circundante. Hai que destacar o seu fácil acceso debido a súa cercanía cos camiños que van a Ourense e Sanabria, zona linde con veciño Portugal.
Para chegar a fortaleza tómase a N-525. Se circulamos en dirección Ourense unha vez pasado a ponte sobre o río Támega chégase a Casa do Asistente (xusto no desvío cara Mixós), fronte o que se atopa a capela de San Lázaro, e ó lado de esta a rúa da Da Costa, pola que se accede a fortaleza.

Entrada ó recinto

Historia

Este monumental conxunto fortificado, no que se asentaron as linaxes dos Ulloa, os Zúñiga, os Viedma, os Fonseca, os Acevedo e os Duques de Alba, foi enclave estratéxico desde a Idade Media na fronteira con Portugal. A súa historia é extensa pois o val foi poboado no século X. O castelo foi construído no século XII por Alfonso Henríquez, neto de Alfonso VI, e adquiriu importancia no XIV con Pedro I el Cruel. En 1506 arribou aquí Felipe el Hermoso para atoparse co Cardeal Cisneros e amosarlle a súa función como Rei de España.

Vista xeral do castelo

A fortaleza foise adaptando a diferentes estilos ó longo da súa historia. A Torre das Damas foi edificada no séculos XIV. Entre os século XV e XVII os sucesivos condes de Monterrei construíron o palacio renacentista, a torre da Homenaxe, o Hospital de Peregrinos e a igrexa gótica de Santa María. Na Idade Moderna construíronse dous recintos abaluartados que encerraban os conventos de franciscanos e xesuítas, baixo a dirección dos enxeñeiros militares de Felipe IV, Juan de Villarroel e Carlos de Grunemberg. A función militar do conxunto fortificado complementouse coa importante vida cultural da pequena corte nobiliaria, na que se imprimiu o primeiro incunable galego e se impartía docencia en gramática, artes e teoloxía.

Descrición e características

O monumental conxunto fortificado de Monterrei constitúe a "Acrópole" máis grande de Galicia, e forma un conxunto de evidente interese. Posúe tres recintos amurallados sobre unha alongada lomba, e entre outros elementos defensivos imprescindibles destacan a torre da homenaxe e a Torre das Damas. Un dos accesos ó recinto presenta unha ponte levadiza, elemento propio destas fortalezas. As almeas, os pequenos vanos e un pozo de 14 metros situado no patio interior completan as defensas do edificio. O patio de armas do castelo accédese por unha porta practicada nunha muralla.

O máis destacado do castelo é, sen dúbida algunha, a Torre da Homenaxe, que foi construída no século XV, en tempos dos Reis Católicos, por Don Sancho Sánchez de Ulloa, primeiro Conde de Monterrei. A súa planta é cadrada, ten poucos buratos ó exterior, conta con pequenos vanos ó longo dos seus muros, e está coroada por unha barbacana con oito cubos redondos que a interrompen nos ángulos e lenzos.
Entrase polo primeiro piso, onde se sitúa a ponte levadiza.
As súas proporcións son considerables, con muros de gran grosor e elevada altura (22,5 m), o que le confire un carácter impresionante.

Torre da Homenaxe

A Torre das Damas, do século XIV, é de proporcións máis reducidas e contigua ó palacio. Nesta descansa a galería de columnas con pedras de armas nas enxutas.

Palacio dos Condes e Igrexa de Santa María

Dentro do recinto do castelo tamén se atopa o Palacio dos Condes, de estilo renacentista, posúe grandes galerías de arcos rebaixados. As columnas de dita galería levan un escudo distinto cada unha delas. Este palacio foi construído no século XVI e comezos del XVII. Todas as pedras do recinto do castelo están grabadas con marcas de canteiro.

Pertence ó conxunto a igrexa parroquial de Sta. María é un templo de estilo gótico dos séculos XIV a XV, con una sóa nave cuberta de madeira e ábside rectangular con bóveda de cruceiría. Destacan no artístico un belo retablo gótico de pedra e a portada lateral, formada por tres arquivoltas moi decoradas e o tímpano presido por Cristo e o tetramorfos.

Porta de acceso á igrexa

Moi cerca da fortaleza atópanse os restos doutra fortificación denominada Atalaia, que data de 1664 e servía de complemento defensivo.

A Atalaia

Materiais de construcción

O material é pedra, que é a materia prima empregada na maioría destas edificacións pola súa enorme resistencia e dureza. Podemos observa- los sillares perfectamente colocados e encadrados das súas torres. Apreciase ben o valor artístico e o esforzo humano da obra.

Heráldica

Nun dos seus accesos podemos aprecia-lo escudo pertencente ós primeiros moradores do castelo, os condes de Monterrei. Non só aparece o distintivo da súa familia, senón tamén os elementos máis destacados dos escudos doutras familias e liñaxes cas que mantiveron algún vínculo.

Estado de conservación

O estado do castelo é bastante bo. No seu interior consérvanse aínda hoxe os ornamentos que se foron engadindo cos distintos estilos artísticos. Polo seu gran valor e beleza o castelo de Monterrei foi convertido en Parador Nacional.
Atópase declarado Monumento Nacional.