Dende o CIM da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín, están colaborando coa Fundación CocaCola no «Proyecto Gira Mujeres» para ofrecer formación online tanto a mulleres desempregadas como a mulleres emprendedoras e empresarias que queiran mellorar as súas habilidades e poidan acceder ás oportunidades da Fundación Cocacola.
Vai dirixo as mulleres entre 18 e 60 anos que se atopen nas seguintes situacións:
Desempregadas: que se atopen pérdidas na búsqueda de emprego, recibirán un taller de reorientación laboral.
Emprendedoras e Empresarias: as que teñan en mente algunha idea de negocio recibirán un taller para adentrarse nos primeiros pasos.
Dadas as circunstancias sanitarias, o proxecto tivo que adaptarse á formación online, de xeito que as interesadas poidan acceder mediante o teléfono ou un ordenador con conexióna internet.
A formación é totalmente gratuita, e terá lugar os días 3, 4 e 5 de xuño de 2020 de 11:oo as 13:00 horas.
Formulario de preinscripción no seguinte enlace: https://preinscripcion.giramujeres.com/
As persoas interesadas poden consultar toda a información no blog e no facebook do Cim da Mancomunidade de Verín.
http://cim.mancoverin.es/blog/
https://www.facebook.com/mancoverincim/
Tlf. CIM 988411314
