TR332C – Axudas para a contratación de técnicos e técnicas especialistas en organismos intermedios para o asesoramento a empresas en situacións conxunturais provocadas polo escenario económico do COVID-19 – 2020
Data de publicación: 9 de xullo de 2020
Data inicio de solicitude: 10 de xullo 2020
Data remate de solicitude: 10 de agosto de 2020
Obxecto
As bases teñen por obxecto convocar as subvencións a organismos intermedios (asociacións empresariais sectoriais ou multisectoriais, clústeres empresariais e consellos reguladores) para a contratación por conta allea de persoas técnicas superiores e profesionais especialistas que no momento da súa contratación sexan persoas desempregadas, durante un período de 8 meses, para facilitar ás pemes e micropemes un asesoramento específico en materias relacionadas con necesidades xurdidas ao fío do escenario socioeconómico do COVID-19.
Características da axuda
Subvencionaranse as contratacións de persoal por conta allea para o desenvolvemento de tarefas de asesoramento por parte dos organismos intermedios ás pemes e micropemes nas seguintes materias:
– Asesoramento en captación de financiamento e xestión financeira da empresa.
– Relanzamento comercial.
– Transformación dixital da empresa e asesoramento tecnolóxico.
– Prevención de riscos laborais.
– Plans de continxencia na produción e na cadea loxística.
– Apoio na implementación de proxectos e ferramentas de teletraballo.
– Apoio nos procesos de contratación de persoal (procesos de selección).
– Outras materias de natureza análoga ás anteriores.
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarios de estas axudas os organismos intermedios, entendendo por tales:
- Asociacións empresariais sectoriais ou intersectoriais, e de carácter tecnolóxico.
- Consellos reguladores de denominacións de orixe protexidas, de indicacións xeográficas protexidas e de agricultura ecolóxica.
- Agrupacións industriais empresariais (con personalidade xurídica propia, sen ánimo de lucro e domiciliados en Galicia) que representen un colectivo de empresas galegas.
- Clústeres empresariais.
- Asociacións de persoas autónomas.
PUBLICACIÓN DOGA
ENLACE SEDE ELECTRÓNICA XUNTA DE GALICIA