Esta orde ten por obxecto publicar as bases e convocar as axudas para a mellora da infraestrutura turística da Comunidade Autónoma de Galicia mediante a incentivación para a mellora das infraestruturas dos establecementos de aloxamento turístico e de restauración da Comunidade Autónoma de Galicia.
Características da axuda
Consideraranse actuacións subvencionables todas aquelas que se inicien a partir do 1 de xaneiro de 2022. En ningún caso se admitirán nin facturas nin xustificantes de pagamento anteriores á dita data.
Poderán ser obxecto de subvención, de conformidade co que se establece nesta resolución, os seguintes investimentos:
1. Actuacións destinadas a mellorar as condicións de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.
2. Obras destinadas á mellora das instalacións coa finalidade de obter certificacións de calidade, en especial o Q de Calidade Turística.
3. Actuacións destinadas á adaptación ás modificacións normativas e á mellora da clasificación do establecemento que supoñan un incremento de categoría.
4. Actuacións de renovación e modernización das instalacións e embelecemento do contorno da instalación.
5. Equipamentos mobles necesarios para o funcionamento.
6. Actuacións de mellora da climatización que favorezan a sustentabilidade coa implementación de medidas de aforro enerxético, así como a instalación ou mellora de sistemas de extracción e renovación do aire.
Ademais, serán obxecto de subvención:
Actuacións de dixitalización dos sistemas de xestión e comercialización do establecemento.
Adaptación dos sistemas de seguridade e saúde na prestación de servizos.
O investimento neto admitido será de ata 100.000 €. No caso de que o orzamento de execución do proxecto presentado coa solicitude de subvención sexa superior ao dito límite, requirirase o solicitante para que reaxuste o proxecto que se vai executar ao citado límite.
A porcentaxe de axuda sobre o investimento subvencionable calcularase con base na puntuación que acaden os proxectos presentados, segundo se detalla a continuación:
Puntos
Porcentaxe axuda
86-100
50%
71-85
45%
56-70
40%
36-55
35%
20-35
30%
Persoas beneficiarias
Poderán ser persoas beneficiarias as persoas físicas e xurídicas titulares de establecementos turísticos de aloxamento e de restauración que reúnan os requisitos establecidos nas bases e que teñan autorizado ou clasificado, conforme estableza a normativa turística no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia , o establecemento turístico para o que se solicita a axuda.
Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.
Cookies estrictamente necesarias
As cookies estritamente necesarias deben estar sempre activadas para que poidamos gardar as súas preferencias de configuración de cookies.
Se desactivas esta cookie, non poderemos gardar as túas preferencias. Isto significa que cada vez que visite este sitio web terá que activar ou desactivar as cookies de novo.