IV MARCHA BTT

Xa temos en marcha o IV MARCHA BTT, para ir adiantando xa podedes ver os perfís nos enlaces colgados na zona de descargas.

 SEGUIREMOS INFORMANDO.

 GRAZAS.

 

Proxecto CEDIM (Centros de Dinamización Integral para as Mulleres na Eurorrexión Galicia- Norte de Portugal).

Con data 2 de abril do 2012, abriuse no  municipio de Monterrei o Centro de dinamización integral para as mulleres  de utilización conxunta para a poboación raiana no marco do Proxecto CEDIM (Centros de Dinamización Integral para as Mulleres na Eurorrexión Galicia- Norte de Portugal).

P.X.O.M. (Plan Xeral de Ordenación Municipal)

O equipo redactor do plan xeral está a evaluar as alegacións presentadas polos veciños no prazo acordado.
As resolucións, serán notificadas por escrito individualmente.
Grazas e desculpen polas molestias.

VI LIGA DE VERAN DE FUTBOL SALA

Rematou a VI liga de verán de fútbol sala do noso conello, e o campión foi o equipo de Villaza, pois so colleitou unha derrota, e foi contra o segundo clasificado, o equipo do Rosal, que acadou o segundo posto, quedando o terceiro lugar da táboa para o equipo de Cualedro. 

A última xornada, deparou un enfrontamento entre o segundo e o terceiro clasificado, O Rosal contra Cualedro, que rematou con un empate a 6 goles, e polo tanto, a clasificación quedou como estaba.

A III MARCHA BTT FOI UN EXITO

A 3ª edición da nosa marcha BTT foi un éxito de participación, pois contamos con casi 150 participantes, para o ano que ven agardamos contar coa vosa participación e dende a organización tentaremos mellorar, para facer desta marcha un reclamo para o noso Concello.

Dende aquí agradecerlle o clube BTT Verín a súa axuda, así como tamén os patrocinadores e colaboradores varios, pois sin todos eles non houberra sido posible facer esta marcha, de todo corazón grazas.

XXVI XUNTANZA INTERNACIONAL DE GAITEIROS

gaita2011.jpg

Un ano máis, celebraremos a xuntanza internacional de gaiteiros, na que se darán cita algúns dos grupos e solistas máis relevantes no mundo da gaita.

 

De novo o Concello de Monterrei, en colaboraciín coa Deputación de Ourense, organizou este evento tan importante na nosa cultura, no que tendo en conta que se celebra no maxestuoso Castelo de Monterrei, alcanza un nível de beleza maxestuoso.

XA ESTA EN MARCHA A III MARCHA BTT DO CONCELLO DE MONTERREI

Cartel 2011

Por terceiro ano consecutivo, dende o cocello de Monterrei, estamos a preparar a III Marcha BTT do Concello de Monterrei, e para os máis apaixoados do deporte da bicicleta a continuación, facilitamosvos os enlaces, nos que poderedes ver os tracks das rutas das marchas ....

 

DATA:  26/06/2011.

 RUTAS: 

OS GAÑADORES DOS CARTEIS DO ENTROIDO DE VERIN 2011 …. SON DE MONTERREI

O día 28, nun acto celebrado na sala de xuntas do Concello de Verín, fíxose a presentación oficial dos carteis do entroido 2011.

Os nenos e nenas do CRA Monterrei gañan o IV Concurso de Carteis Entroido 2011-Verín: “Desfile de nenos e nenas” convocado polo Concello de Verín. Este é o cartel que fixeron os alumnnos do noso centro.

Tamén está aqui o CARTEL GAÑADOR DO CONCURSO DO ENTROIDO:

V LIGA DE VERAN DE FUTBOL SALA

A Liga de Verán de fútbol sala rematou a súa 5ª edición.

A clasificación final por grupos quedou da seguinte forma:  

Grupo A                                                                            Grupo B

Medeiros             15 ptos                              Vilaza         15 ptos                    

Paseo de 16 Km II MARCHA BTT do Concello de Monterrei

Click na imaxe para agrandar

Enlace para Google Earth (é necesario ter instalado o programa Google Earth).

Distribuir contido