XORNADAS TÉCNICAS: Viticultura e Cambio Climático. A pegada de carbono

O vindeiro 29 de novembro, a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA), organiza as derradeiras xornadas técnicas correspondentes ao ano 2017.
O evento leva por título Viticultura e cambio climático. A pegada de carbono e desenvolverase no Parador Nacional de Turismo de Verín (antigo Parador de Verín) (Subida ao Castelo s/n – Monterrei – Ourense) en xornada de mañá. No mesmo colaboran o Concello de Monterrei, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei, e o Instituto Galego da Calidade (INGACAL).
prazo de inscrición rematará o día 27 de novembro.

>> Descargar díptico

>> Descargar folla de inscrición