A FORTALEZA É DAS MULLERES

CONCENTRACIÓN E LECTURA DO MANIFESTO CONTRA VIOLENCIA MACHISTA
O VENRES 23 DE NOVEMBRO, ás 20:00h na Praza do Concello de Verín, realizarase unha concentración, como ven sendo tradición na comarca, para rexeitar activamente as Violencias Machistas.

Baixo o lema “MULLERES UNIDAS NON DEIXAN ATRÁS ÁS SOMETIDAS” e tinguindo de violeta a praza con panos violetas que serán repartidos no evento, o acto pretende mostrar a unión e rexeitamento a todo tipo de violencias contra as mulleres.

Voces voluntarias da comarca lerán o manifesto e as entidades sociais (Cruz Vermella, CDR Portas Abertas e Femuro) xunto con persoas colaboradoras de centros educativos dinamizarán o encontro.

Trátase dun evento comunitario e comarcal, onde persoas dos sete concellos que configuran a comarca participan para dar unha voz común ante a lacra social das violencia machistas.

I GALA COMARCAL CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS. TEATRO E VIDEO
O 25 de novembro (domingo) ás 18:00h – Día Internacional contra a Violencia de Xénero no Auditorio de Verín, dinamizaremos xunto o Departamento de Cultura do Concello de Verín una gala contra a violencia de xénero.

– Obra de Teatro “Cando Valentina era Mala”. Silvardeiras Teatro, grupo de teatro de mulleres de Allariz.

– Presentación do Spot “Ti, que maltratas”. Campaña de sensibilización comarcal contra a violencia de xénero, realizado en colaboración con diversas mulleres da Comarca de Verín.

Entrada de balde reservando no 988411314 (Centro de Información á Muller) ou o mesmo día na taquilla do Auditorio á partir das 17:00h ate cubrir aforo.

Se precisas máis información sobre as actividades da Semana Contra as Violencias Machistas na Comarca de Verín, podes chamar o C.I.M no 988411314. Estamos na Rúa Cancelón, 1. Verín