Obradoiro de emprego » «CAMIÑO DE SANTIAGO RUTA VIA DA PRATA»

Este concello, conseguiu a organización do obradoiro de emprego «CAMIÑO DE SANTIAGO RUTA VIA DA PRATA», en colaboración cos concellos de Cualedro e Oímbra.
A realización de dito obradoiro, contará cunha subvención de 346.946,00 € e xestionarase dende éste concello.
Permitirá a formación de 20 alumnos/as traballadores/as, distribuídos nas seguintes especialidades formativas:
– Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización.
– Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería.
Obxetos de actuación:
Concello de Monterrei:
-Entorno do Castelo de Monterrei.
-Actuación sobre edificación en ruinas no entorno do Castelo.
Concello de Oimbra:
-Entorno Roteiro dos lagares rupestres.
-Muro do Bubal.
-Castro de Lobarzán.
-Pozo en Rabal.
Concello de Cualedro:
-Praza en Penaverde.