A nosa auga

A riqueza das nosas terras en parte é posible gracias os numerosos curso fluviais que as regan. Encadrado na súa totalidade na cunca do río Douro e tendo como principal arteria o río Támega, si ven o seu curso toca o concello levemente polo leste, son os seus afluentes, o Búbal e o Rubín, os que nacendo nos altos da serra, onde forman belas fervenzas, percorren o concello.

Área recreativa ó pe do Río Búbal Área recreativa ó pé do río Búbal

Proba desta riqueza dánola o manancial mineiro-medicinal de Requeixo do que daremos cumprida información máis adiante. E que non é unha mostra illada posto que na zona tamén se atopan outros importantes mananciais como os de Sousas, Fontenova e Cabreiroá en Verín.