• Augas oligotróficas cun contido de minerais moi baixo das chairas areosas (Littorelletalia uniflorae)
Este tipo de hábitat distribúese fundamentalmente polas comarcas silíceas da Península, especialmente nos territorios setentrionais e occidentais, Sistemas Ibérico e Central, así como no cuadrante suroccidental.
O tipo de hábitat inclúe corpos de auga, xeralmente de pequena ou mediana extensión (lagos de montaña, lagoas, marxes de cursos de auga, etc.), que levan nas súas beiras comunidades vexetais de substratos ácidos e moi pobres, xeralmente areosos, condicionantes de augas oligotróficas (pobres en nutrintes). Trátase de prantas acuáticas ou anfibias que emiten as súas inflorescencias fora da auga ou que aceptan condicións aéreas en verán.
Estas comunidades forman pasteiros ralos de especies perennes de pequeno porte. Existe gran variación florística e fisionómica. As súas especies características soen ser prantas de elevado interese bioxeográfico que atopan na Península o seu límite de distribución, centrada no norte e oeste de Europa. As formacións máis estendidas están dominadas por ciperáceas o juncáceas, como Eleocharis multicaulis, E. acicularis, Scirpus fluitans, o Juncus heterophyllus, J. bulbosus e J. emmanuelis. Outra pranta moi frecuente é a plantaxinácea anfibia Litorella uniflora, presente na metade norte e occidental peninsular. Do mesmo xeito, destaca un grupo de pteridófitos acuáticos de augas pobres en nutrintes, con especies como Pilularia globulifera ou Isoetes echinos- porum, I. lacustre o I. velatum.
Outras prantas presentes son Ranunculus ololeucos, R. flammula, Subularia aquatica, Baldellia
ranunculoides, Elatine hexandra, Hypericum elodes, Sparganium angustifolium, Potamogeton
spp. etc.
Entre la fauna destes medios acuáticos destacan os anfibios, como o tritón alpino (Triturus alpestris), a salamántiga rabilonga (Chioglossa lusitanica) ou a ran patilarga (Rana iberica), e unha rica comunidade de insectos con larvas acuáticas.
• Lagos eutróficos naturais con vexetación Magnopotamion ou Hydrocharition
Distribúese por todo o territorio. Tratase de lagos, lagoas, charcas e outros medios acuáticos estancados con augas máis ou menos ricas en nutrintes, que permiten o desenrolo de comunidades vexetais acuáticas complexas. Este tipo de corpos de auga pode aparecer sobre calquera tipo de substrato, ácido ou básico, excepto sobre aqueles extremadamente pobres, moitas veces areosos.
As comunidades vexetais destes medios son moi diversas estructuralmente. O aspecto xeral ven condicionado pola dominancia, en cada caso, dunhas poucas especies de morfoloxía determinada e característica (biótipos).
Son considerados dentro deste tipo de hábitat os corpos de auga naturais con vexetación de algún dos seguintes tipos: comunidades flotantes non enraizadas de lemnáceas, con especies como Lemna minor, L. gibba, L. trisulca, Spirodela polyrrhiza, ou de pteridófitos acuáticos flotantes como Salvinia natans, Azolla filiculoides, Marsilea strigosa, M. batardae, ou de briófitos como Riccia fluitans o Ricciocarpos natans; comunidades enraizadas con follas flotantes de nenúfares, con Nymphaea alba ou Nuphar luteum; comunidades enraizadas de potamogetonáceas, con Potamogeton coloratus, P. crispus, P. natans, P. pectinatus, Groenlandia densa, Polygonum amphibium, etc.; comunidades enraizadas de fondo con especies de Callitriche, Zannichellia, Althenia, Myriophyllum, etc.; comunidades acuáticas non enraizadas e semisumerxidas, con Ceratophyllum, e utriculariáceas de augas máis o menos ricas, como U. vulgaris.
Ó igual que noutros corpos de auga doce, a fauna é diversa, destacando nas lagoas os peixes ciprínidos que habitan augas estancadas como a bermejuela (Chondrostoma arcasii) ou a pardilla (Chondrostoma lemmingi). Tamén se pode atopar o galápago leproso (Mauremys leprosa).
• Ríos de pisos de planicie a montano con vexetación de Ranunculion fluitantis e de Callitricho-Batrachion
Presente fundamentalmente na metade occidental da Península Ibérica.
O tipo de hábitat comprende tramos de ríos con caudal variable que levan vexetación acuática enraizada de plantas sumerxidas ou de follas flotantes.
O medio acuático caracterizase por unha diferente dispoñibilidade de gases e nutrintes con respecto ó medio terrestre. Na auga, a capacidade de difusión dos gases vese limitada, e é preciso que a vexetación presente mecanismos especiais para capturar osíxeno e gas carbónico, tales como sistemas fotosintéticos especiais, cubertas foliares delgadas, follas finamente divididas, etc. A captura de nutrintes pode realizarse mediante o sistema radicular, ou directamente da agua a través de follas e talos. A estas adaptacións pódese unir a necesidade de soportar o efecto mecánico das augas en movemento, especialmente en tramos rápidos (talos flexibles, etc.).
A vexetación de augas correntes é estructuralmente diversa, levando como especies características, entre otras: Ranunculus penicillatus, R. trichophyllus, R. peltatus, R. aquatilis,Myriophyllum verticillatum, M. alterniflorum, así como especies de Callitriche, por exemplo, C. stagnalis o C. Brutia ou briófitos acuáticos como Fontinalis antipyretica, etc. Nas zonas con augas correntes máis quedas (remansos, embalsamentos, etc.), estas comunidades contactan cas típicas do tipo de hábitat 3150.
As augas correntes peninsulares destacan pola súa fauna piscícola, con numerosas especies, moitas delas endémicas da Península ou de unha ou varias das cuncas hidrográficas, sendo los xéneros máis diversos Barbus, Chondrostoma e Squalius. Os invertebrados son un grupo de gran importancia, destacando os gasterópodos, algúns bivalvos e numerosos insectos, moitos dos cales empregan este medio sobre todo en fase larvaria.

• Uceiras secas europeas
Uceiras, xaral-uceiras e uceiras-toxeiros ibéricos de solos ácidos máis ou menos secos, dominados maioritariamente por especies de Erica, Calluna, Ulex, Cistus ou Stauracanthus.
Inclúense todos as uceiras ibéricas e baleáricos, salvo los dos 4020 e 4040. Medran sobre todo en zonas de influencia atlántica do noroeste peninsular, e penetran cara o interior a través das montañas. Presente en Ceuta.
Viven dende o nivel do mar hasta uns 1900 m, en solos sin carbonatos, a menudo sustituindo a faiais, carballeiras, rebolares, piñeirais, sobreirais e formacións similares acidófilas.
Son formacións arbustivas, a menudo densas, de talla media a baixa, con especies de Erica, Calluna, Cistus, Ulex ou Stauracanthus. Os da vertente cantábrica e noroeste levan Erica ciliaris e E. cinerea, e toxos como U. europaeus, U. gallii ou U. minor, con elementos cántabro-atlánticos como Daboecia cantabrica ou Pterospartum tridentatum subsp. cantabricum.
Na metade occidental, incluídas as vertentes meridionais cantábricas, levan Erica australis, E. lusitanica, E. arborea, E. umbellata, E. scoparia e Pterospartum tridentatum subsp. tridentatum, enriquecéndose en cistáceas como Halimium ocymoides, H. umbellatum, H. lasianthum, Cistus populifolius, C. psilosepalus nas zonas máis continentais ou meridionais (maior mediterraneidade). No Ibérico septentrional e no Sistema Central, singularizanse por presentar Vaccinium myrtillus, Juniperus communis subsp. Alpina e Arctostaphylos uva-ursi. No cuadrante nororiental, os brezais son máis pobres, levando sobre todo Calluna vulgaris e, as veces A. uva–ursi.
As uceiras-toxais do suroeste acadan gran interés florístico, estando dominados por toxos do xénero Stauracanthus (S.boivinii, S. lusitanicus), e otros endemismos como Erica andevalensis, Ulex eriocladus, Echinospartum aljibicum, Pterospartum tridentatum subsp. lasianthum.
A fauna acolle especies de mato e medios abertos.
• Uceiras oromediterráneas endémicas con toxo
Este tipo de hábitat comprende os matos de altura das montañas ibéricas, así como algúns matos de media montaña. Presentase tamén en Baleares e Canarias. Exceptúanse os piornos de Cytisus oromediterraneus (5120).
Forman unha banda arbustiva por riba dos niveis forestais ou viven nos claros e zonas degradadas do piso dos bosques.
As formacións recoñecidas deste tipo de hábitat presentan fisionomía diversa e ampla variación florística. No cuadrante noroccidental e serras ácidas da metade meridional peninsular, están domeados por genísteas inermes como Genista florida, G. obtusirramea, Cytisus scoparius, C. multiflorus, C. striatus, Adenocarpus hispanicus, A. argyrophyllus, Erica arborea. Os da metade oriental son de aspecto almofado, moi variados florísticamente.
No Sistema Central e nas vertentes pirenaicas submediterráneas levan especies endémicas de Echinospartum (E. ibericum, E. barnadesii, E. horridum). Nos substratos básicos das Béticas a diversidade é máxima: Erinacea anthyllis, Vella spinosa, Echinospartum boissieri, Astragalus granatensis, A. sempervirens, Bupleurum spinossum. Nas Béticas, pero sobre sílice, domina Genista baetica. Noutras montañas mediterráneas ibéricas medran matos con gran relación estructural e florística cos anteriores que actúan como etapa de substitución de bosques, con Genista pumila e Erinacea anthyllis (Sistema Ibérico); G. occidentalis e G. legio- nensis (Cordillera Cantábrica); G. hispanica e Astragalus sempervirens (Pirineos). En zonas de menor altitude e substratos calizos da metade oriental, aparecen matos ricos en labiadas.
A fauna é extraordinariamente variada.
• Rochedos silíceos con vexetación pioneira do Sedo-Scleranthion ou do Sedo albi-Veronicion dillenii
Comunidades rupícolas pioneiras das alianzas Sedo-Scleranthion ou Sedo albi-Veronicion dillenii, que colonizan solos esqueléticos de superficies rochosas silíceas. Como consecuencia da sequía que soportan estos solos, está vexetación caracterizase polo predominio de musgos, líquenes e plantas crasas (Crassulaceae).
Plantas predomiñantes: Sedo-Scleranthion: Sempervivum montanum, Sedum annuum, Silene rupestris, Veronica fruticans; Sedo albi-Veronicion dillenii: Veronica verna, Gagea bohemica, Gagea saxatile, Riccia ciliifera;
Plantas pertencentes os dous sintaxa: Allium montanum, Sedum acre, Sedum album, Sedum reflexum, Sedum sexangulare, Scleranthus perennis, Rumex acetosella.
Musgos: Polytrichum piliferum, Ceratodon purpureus.
• Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae)
Bosques riparios de Fraxinus excelsior e Alnus glutinosa, dos cursos fluviais de zoas baixas e curutos da Europa templada e Boreal (44.3: Alno-Padion); bosques riparios da clase Alnus incanae dos ríos dos pisos montano e submontano dos Alpes e norte dos Apeninos (44.2: Alnion incanae); galerías arborescentes de sauces arbóreos Salix alba, S. fragilis y Populus nigra, desenrolados ó longo dos ríos dos pisos basal, colino e submontano medio-Europeos (44.13: Salicion albae). Tódolos tipos se localizan sobre solos pesados (xeralmente ricos en depósitos aluviais) periódicamente inundados pola crecida anual do río, pero igualmente en solos ben drenados e aireados. O estrato herbáceo inclue invariablemente numerosas especies (Filipendula ulmaria, Angelica sylvestris, Cardamine spp., Rumex sanguineus, Carex spp., Cirsium oleraceum) e varios xeófitos vernais, como Ranunculus ficaria, Anemone nemorosa, A. ranunculoides, Corydalis solida.
Este hábitat inclúe numerosos subtipos: bosques mixtos de alisos e fresnos de nacentes e as súas ribeiras (44.31 – Carici remotae-Fraxinetum); bosques mixtos de alisos e fresnos de ríos de corrente rápida (44.32 - Stellario-Alnetum glutinosae); bosques mixtos de alisos e fresnos de ríos de corrente lenta (44.33 - Pruno-Fraxinetum,Ulmo-Fraxinetum); bosques montanos de aliso gris (Alnus incana) (44.21 - Calamagrosti variae-Alnetum incanae Moor 58); galerías submontanas de aliso gris (44.22 - Equiseto hyemalis-Alnetum incanae Moor 58); bosques galería de sauces blancos (Salix alba) (44.13 - Salicion albae). Os tipos españois corresponden a alianza Osmundo-Alnion(Cantabro-atlántica do cuadrante suroriental da Península Ibérica).
Plantas: Estrato arbóreo- Alnus glutinosa, Fraxinus excelsior; Populus nigra, Salix alba, S.fragilis; Betula pubescens, Ulmus glabra.
Estrato herbáceo: Angelica sylvestris, C. pratensis, Carex acutiformis,C. pendula, C. remota, C. sylvatica, Equisetum telmateia, Equisetum spp., Filipendula ulmaria,Geranium sylvaticum, Geum rivale, Lycopus europaeus, Lysimachia nemorum, Rumex sanguineus, Stellaria nemorum, Urtica dioica.
A maioría destes bosques están en contacto con pastizais húmedos e bosques galería en barrancos (Tilio-Acerion). Tamén pode observarse unha evolución cara Carpinion (Primulo-Carpinetum).
Sendeiros nas marxes do Támega
• Carballeiras galaico-portuguesas con Quercus robur e Quercus pyrenaica
Los cerqueirais medran sobre todo nos sistemas montañosos do cuadrante noroccidental da Penísula Ibérica, con menor representación noutras zonas silíceas do este e do sur.
Son bosques de substratos ácidos que viven entre 400 e 1600 m (ata 2000 en Serra Nevada), sendo substituídos a maior altitude por piñeirais, faiais ou mato de montaña e, a menor altitude ou con menor precipitación, por enciñares ou alcornocais. Na Cordillera Cantábrica son desprazados por faiais e carballeiras ó diminuir a influenza mediterránea.
Os cerqueirais son bosques relativamente pobres; o estrato arbóreo é case sempre monoespecífico, aínda que as veces acompaña o cerquiño algún arce (Acer opalus, A. monspessulanum), serbais (Sorbus aria, S. aucuparia, S. torminalis) o acivros (Ilex aquifolium). No estrato arbustivo destacan Crataegus monogyna, especies de Rosa e madreselvas (Lonicera peryclimenum). As herbáceas aparecen dispersas, destacando Arenaria montana, Geum sylvaticum, Poa nemoralis, Melica uniflora, Brachypodium sylvaticum, Luzula forsterii, etc. Nos bosques aclarados soen presentarse nunha orla de grandes leguminosas (Genista, Cytisus, Adenocarpus). O mato de substitución soen estar representado po-las mesmas leguminosas, a maiores de uces (Erica cinerea, E. australis, E. vagans) nas zonas más chuviosas e norteñas, ou de xargazos (Cistus laurifolius, C. ladanifer, C. salviifolius, etc.) nas máis secas ou meridionais. O cerqueiral mixto con carballos aparece en localidades noroccidentais, atlánticas e de tránsito cara bosques máis frondosos. Esta variante ten un dosel arbóreo diverso, con Acer campestre, Fraxinus excelsior, Frangula alnus ou Pyrus pyraster, e enriquecese con especies nemorais atlánticas no sotobosque.
A fauna forestal é diversa, destacando numerosas aves (paseriformes, rapaces) e mamíferos (mustélidos, cérvidos, etc.).
• Bosques de Castanea sativa
O castiñeiro distribúese polas rexións occidentais e atlánticas da Península, así como en enclaves reducidos de Cataluña e Andalucía, dende o nivel do mar ata os 1500 m (Sierra Nevada).
Vive en climas con precipitacións xeralmente superiores a 600 mm, sobre substratos silíceos ou calcáreos ben lavados, pero sempre aireados (non encharcados). Os soutos habitualmente son formacións procedentes de cultivo, que soen ocupar o espacio correspondente a especies do xénero Quercus de apetencias climáticas parecidas, como carballos, cerquiños, etc. Moitos destes bosques acandan unha estructura madura, con exemplares vellos e de considerables dimensións, chegando a autorrexeneración en casos favorables.
Os soutos maduros crean un ambiente frondoso e sombrío, bastante parecido o dos faiais do norte peninsular. No interior chama a atención o gran acúmulo que cubre o solo e a escaseza de vexetación no sotobosque.
A flora é común a das formacións forestais sobre as que se implantan.
Os soutos utilizáronse tradicionalmente para a extracción da súa madeira e do seu froito.
A fauna é rica cando o bosque é maduro, semellante a de outras formacións caducifolias.
A fauna a miúdo aproveita os recunchos dos vellos castiñeiros para nidificar ou obter refuxio, e tamén consumen o froito como alimento. Entre as especies que empregan estes cítanse o esquío (Sciurus vulgaris), o lirón careto (Eliomys quercinus), que inverna dentro deles, e numerosas aves forestais.