O concello de Monterrei conta desde o ano 2011 cun recinto con piscinas descubertas, ubicadas no núcleo de Monterrei, nas inmediacións da Casa Consistorial, accedendo pola estrada N-525. Son unhas piscinas que a parte de cumprir os requisitos sanitarios de xeito escrupuloso, aportan a nivel de benestar, a tranquilidade e relax que se busca no rural.