Recollida de Enseres

O servizo de recollida de enseres, ou máis coñecido coma "recollida de trastros", funciona a demanda dos usuarios, para o cal se debe acudir en persoa ó Concello de Monterrei, ou ben cubrir formulario anexo, asinado pola persoa que o solicita, no que se describirá con exactitude os enseres dos que se quere desfacer. Nun prazo razonable a empresa encargada da recollida poráse en contacto co solicitante para comunicar o día da recollida e para que se depositen os enseres a carón do contedor de lixo máis próximo e de mellor acceso para o vehículo da recollida.