A obra de Planta de xeración fotovoltaica na depuradora de Medeiros está financiado cunha subvención concedida a través da Resolución do 7 de marzo de 2024, da Axencia Instituto Enerxético de Galicia (Inega), pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de enerxía fotovoltaica, para o ano 2024, susceptibles de cofinanciamento pola Unión Europea no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027.
Tipo de licitación: 13.939,20 €, IVE incluído
Con este proxecto substituirase unha parte da enerxía eléctrica consumida da rede na Depuradora de Medeiros por enerxía de orixe renovable, reducindo deste xeito as emisións de carbono á vez que o custo da factura eléctrica.
Os obxectivos ambientais a protexer son os seguintes:
1º. Mitigación do cambio climático.
2º. Adaptación ao cambio climático.
3º. Uso sostible e protección dos recursos hídricos e mariños.
4º. Transición cara a unha economía circular.
5º. Prevención e control da contaminación.
6º. Protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas
Relacionado