
Acta de valoración APROL 2026: Brigada de traballos forestais e do medio rural
02/10/2026O Concello de Monterrei fai pública a resolución da Alcaldía do 7 de outubro de 2026 pola que se aproba a lista definitiva de admitidos no proceso de selección e contratación dun peón forestal inscrito no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, a partir da relación de candidatos remitida polo Servizo Galego de Colocación de Verín.
- Oferta
- 12-2026-9530
- Posto
- Peón forestal (Garantía Xuvenil)
- Documentación
- Prazo de tres días hábiles
- Proba
- 14 de outubro de 2026, ás 11:00 h, no Concello de Monterrei
Lista definitiva de admitidos
Formulario da selección 2 da oferta 12-2026-9530:
- ALVES CAMPOS ARTURO
- AÑEL RODRIGUEZ DAVID
- GONZÁLEZ CAMPOS DANIEL
- PADREDA DELGADO JUAN
Documentación que deben achegar
Os candidatos terán un prazo de tres días hábiles para achega da seguinte documentación:
- Anexo I
- Copia compulsada do DNI ou documento que proceda no caso dos estranxeiros.
- Documentación xustificativa dos baremos establecidos nas bases (mediante orixinais ou copias cotexadas), significándose que non se valorarán aqueles puntos que o tribunal considere que non estiveran suficientemente acreditados. Asemade, non se terán en conta aqueles documentos presentados con posterioridade ao remate do prazo de presentación de instancias.
- Declaración xurada de cumprir cos requisitos necesarios para contratar coa Administración pública, así como de non estar incurso en ningunha causa de incapacidade ou incompatibilidade previstas na lexislación vixente (Anexo II).
Os modelos do Anexo I e do Anexo II están incluídos nas bases da convocatoria.
Comisión de valoración
- Presidente: Rafael Castro Vaamonde (Enxeñeiro agrónomo do Concello de Monterrei)
- Vocal: Diego Matías León (Orientador laboral dos Concellos de Monterrei, Laza e Oimbra)
- Secretario-vogal: Paulino Fernández Salgado (Secretario dos concellos de Monterrei e Cualedro).
A comisión está facultada para interpretar e resolver as cuestións que poidan suscitarse na aplicación das normas de procedemento, inspirándose a súa actuación no principio de economía, celeridade e eficacia.
O tribunal valorará a documentación presentada de acordo co baremo de méritos que figuran nestas bases.
Proba teórico-práctica
A proba terá lugar o día 14 de OUTUBRO de 2026 as 11:00 no Concello de Monterrei.
Realizarase unha proba teórico-práctica relacionada coas funcións a desenvolver (máximo 8 puntos):
- Coñecemento do Concello de Monterrei.
- Prevención de riscos laborais no sector forestal.
- Uso de ferramentas no sector forestal: motoserra e rozadoira
Eliminatoria, mínimo 4 puntos (erro nas bases).
A convocatoria
Segundo as bases aprobadas o 30 de setembro de 2026:
- Praza: 1 peón forestal
- Xornada laboral: 100%
- Duración: 9 meses
- Retribución: SMI
- Funcións: realización de traballos forestais e do medio no ámbito territorial do Concello de Monterrei.
Edicto
Para calquera consulta: Concello de Monterrei · Rúa Fontiñas, 2, 32618 Albarellos · 988 41 80 02 · concello@monterrei.es



