
Concurso de postais de Nadal 2026
24/11/2026Faise público que, mediante Decreto da Alcaldía de data 24 de novembro de 2026, aprobáronse as bases que rexerán o Concurso de Beléns Nadal 2026, organizado polo Concello de Monterrei.
- Participantes
- Asociacións, agrupacións, colexios, entidades cidadás e particulares do Concello de Monterrei
- Inscrición
- Ata o 15 de decembro de 2026
- Onde
- Oficinas do Concello (luns a venres, de 9:00 a 14:00 h) ou sede electrónica
- Premios
- 1º premio: 100 € · 2º premio: 50 €
- Entrega de premios
- 5 de xaneiro de 2027
Bases do concurso de beléns Nadal 2026
Primeira. Participantes
Poderán participar as asociacións, agrupacións, colexios, entidades cidadás e particulares en xeral pertencentes ao Concello de Monterrei que formalicen a súa inscrición dentro do prazo establecido.
É preciso que aquelas persoas que actúen como representantes de colectivos dean os seus datos completos.
Segunda. Características
Os beléns poderán ser de calquera tamaño, e estar en lugares accesibles ao público (igrexas, centros sociais, rúas públicas, baixos de particulares, etc.). Deberán recrear ambientes rurais, utilizando para a súa elaboración materiais tradicionais tales como serraduras, cortiza, ríos con auga en movemento, etc.
Valorarase positivamente en todos os casos a orixinalidade, o traballo artesanal, o enxeño, a riqueza artística, o esforzo, os materiais utilizados, o uso de elementos reciclados e a laboriosidade na execución das obras.
Valoraranse negativamente os detalles de mal gusto e todo o que atente contra o carácter propio que debe presidir os nacementos.
Os beléns participantes deberán incluír como mínimo as tres escenas fundamentais: animación dos pastores, nacemento e adoración dos Reis.
Terceira. Inscrición
As persoas interesadas en participar no concurso deberán formalizar a súa inscrición ata o día 15 de decembro de 2026, nas oficinas do Concello de Monterrei, de luns a venres en horario de 9:00 h a 14:00 h, ou a través da sede electrónica: https://monterrei.sedelectronica.es/info.0
Deberán facilitar todos os datos de contacto: nome da entidade e representante, teléfono, enderezo e correo electrónico. Así mesmo, deberán indicar o lugar no que está situado o belén participante.
Cuarta. Xurado e puntuación
Haberá un xurado que estará integrado por un representante eclesiástico e un representante do Concello. O xurado visitará todos os beléns inscritos. Cada membro do xurado puntuará cada belén de 0 a 10 puntos. A suma dos puntos recibidos determinará os dous beléns premiados: o de maior puntuación obterá o 1º premio e o seguinte o 2º premio.
En caso de empate entre beléns que optan a algún dos premios, volverase puntuar entre os empatados, pero nesta ocasión do 1 ao 3, e así sucesivamente ata que quede desfeito o empate.
O xurado efectuará as visitas en datas que se comunicarán con antelación, para o que chamará previamente aos inscritos ao teléfono facilitado na inscrición, co fin de acordar con eles o día e a hora da visita. O xurado resérvase a facultade de interpretar as presentes bases ou resolver calquera imprevisto. A ser posible, deberán estar presentes os autores dos beléns durante a visita do xurado.
Quinta. Premios
Os premios que se outorgarán serán os seguintes:
- 1º premio: 100 €
- 2º premio: 50 €
Todos os inscritos no concurso recibirán un recoñecemento pola súa participación.
O resultado do concurso farase público o mesmo día da sinatura da acta do xurado.
O día 5 de xaneiro de 2027, será a entrega de premios.
Sexta. Protección de datos e imaxes
Os datos persoais facilitados na inscrición serán tratados polo Concello de Monterrei coa única finalidade de xestionar o concurso, de conformidade coa normativa vixente en materia de protección de datos. A participación implica a autorización para a difusión de imaxes dos beléns e dos seus autores nos medios de comunicación e canles do Concello.
Séptima. Aceptación das bases
A participación no concurso implica a aceptación íntegra das presentes bases.
O que se fai público para xeral coñecemento e participación.
Para calquera consulta: Concello de Monterrei · Rúa Fontiñas, 2, 32618 Albarellos · 988 41 80 02 · concello@monterrei.es



