Patrimonio Natural

ATOPÁMONOS EN MONTERREI cunha figura de protección incluída na Rede Natura 2000, o LIC Río Támega (Es 1130005), declarado Zona de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN) en base o Decreto 72/2004, do 2 de Abril e ratificado como LIC pola Decisión da Comisión do 7 de Decembro de 2004 pola que se aproba, de conformidade coa Directiva 92/43/CEE do Consello, a lista de LICs da Rexión Bioxeográfica Atlántica. Dentro do noso concello son 114,55 ha as que se encadran nesta figura de protección, divididas en dúas zonas.

• Unha primeira que se corresponde coas zonas ribeireñas do Río Támega nas parroquias de Estevesiños (64,27 ha) e Monterrei (33,78 ha).

• A segunda das zonas atópase na parroquia de Vilaza (46,50 ha) ocupando as marxes dun dos afluentes do Támega, o Río Búbal o seu paso pola parroquia de Vilaza.

En verde escuro podemos apreciar as zonas as que nos referimos.

Caracterízase este espazo protexido por ter unha extensión total de 630 ha, ó longo dos concellos de Castrelo do Val, Laza, Monterrei, Oimbra e Verín.

Atopámonos cun curso fluvial e lagoas circundantes de importancia pola súa fraga de ribeira e pola súa vexetación palustre. Destaca a súa riqueza en fauna ribeirá e acuática.

Os hábitats característicos máis representativos do espazo son:

• Augas oligotróficas cun contido de minerais moi baixo das chairas areosas ( Littorelletalia uniflorae )

• Lagos eutróficos naturais con vexetación Magnopotamion ou Hydrocharition

• Ríos de pisos de planicie a montano con vexetación de Ranunculion fluitantis e de Callitricho-Batrachion

• Uceiras secas europeas • Uceiras oromediterráneas endémicas con toxo

• Rochedos silíceos con vexetación pioneira do Sedo-Scleranthion
ou do Sedo albi-Veronicion dillenii
• Bosques aluviais de Alnus glutinosa
e Fraxinus excelsior
( Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae )
• Carballeiras galaico-portuguesas con Quercus robur
e Quercus pyrenaica
• Bosques de Castanea sativa

Destacan como especies representativas da flora o Salgueiro ( Salix salvifolia subsp. australis )

En canto á fauna atopámonos con aves como o:

• Gabián ( Accipiter nisus )

• Lavanco real ( Anas platyrhynchos )

• Garza real ( Ardea cinerea )

• Ouriolo ( Oriolus oriolus )