
Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia, a Deputación Provincial de Ourense e o Concello de Monterrei para a limpeza, conservación e mantemento do contorno do Castelo de Monterrei
26/08/2026O Concello de Monterrei fai pública a resolución da Alcaldía do 24 de setembro de 2026 pola que se aproba a lista provisional de admitidos no proceso de selección e contratación dun traballador forestal para a formación das Brigadas de traballos forestais e do medio, a partir da relación de candidatos remitida polo Servizo Galego de Colocación de Verín.
- Oferta
- 12-2026-0207
- Posto
- Peón forestal
- Documentación
- Prazo de tres días hábiles
- Proba
- 30 de setembro de 2026, ás 11:00 h, no Concello de Monterrei
Listado provisional de admitidos
Brigada de traballos forestais e do medio. Formulario da selección 1 da oferta 12-2026-0207. Candidato peón forestal:
- AÑEL RODRIGUEZ DAVID
- CABO FERNÁNDEZ ZAIDA
- DOS SANTOS FERNANDEZ PEDRO
- GONZÁLEZ CAMPOS DANIEL
- SAENZ MENDEZ PABLO
Documentación que deben achegar
Os candidatos terán un prazo de tres días hábiles para achega da seguinte documentación:
- Anexo I
- Copia compulsada do DNI ou documento que proceda no caso dos estranxeiros.
- Documentación xustificativa dos baremos establecidos nas bases (mediante orixinais ou copias cotexadas), significándose que non se valorarán aqueles puntos que o tribunal considere que non estiveran suficientemente acreditados. Asemade, non se terán en conta aqueles documentos presentados con posterioridade ao remate do prazo de presentación de instancias.
- Declaración xurada de cumprir cos requisitos necesarios para contratar coa Administración pública, así como de non estar incurso en ningunha causa de incapacidade ou incompatibilidade previstas na lexislación vixente (Anexo II).
Comisión de valoración
- Presidente: Rafael Castro Vaamonde (Enxeñeiro agrónomo do Concello de Monterrei)
- Vocal: Diego Matías León (Orientador laboral dos Concellos de Monterrei, Laza e Oimbra)
- Secretario-vogal: Paulino Fernández Salgado (Secretario dos concellos de Monterrei e Cualedro).
O tribunal valorará a documentación presentada de acordo co baremo de méritos que figuran nestas bases.
Proba teórico-práctica
A proba terá lugar o día 30 de setembro de 2026 as 11:00 no Concello de Monterrei. Realizarase unha proba teórico-práctica relacionada coas funcións a desenvolver:
- Coñecemento do Concello de Monterrei.
- Prevención de riscos laborais no sector forestal.
- Uso de ferramentas no sector forestal: motoserra e rozadoira
Eliminatoria, mínimo 6 puntos.
Edicto
Descargar o edicto completo (PDF)Para calquera consulta: Concello de Monterrei · Rúa Fontiñas, 2, 32618 Albarellos · 988 41 80 02 · concello@monterrei.es





