
Lista provisional de admitidos para a Brigada de traballos forestais e do medio 2026
24/09/2026
Acta de valoración APROL 2026: Brigada de traballos forestais e do medio rural
02/10/2026O Concello de Monterrei organiza a V Festa da Vendima de Monterrei, que se celebrará o sábado 3 de outubro de 2026 na Alameda de Albarellos a partir das 12:00 horas, cunha xornada dedicada á tradición da vendima, á gastronomía e ao viño da D.O. Monterrei.
- Data
- Sábado, 3 de outubro de 2026
- Hora
- A partir das 12:00 h
- Lugar
- Alameda de Albarellos (Monterrei)
- Degustación
- 5 €
Programa
A quinta edición da festa ofrece un programa pensado para todos os públicos, que combina actividades tradicionais, música e produto local:
- Folión de Carros
- Feira Agroalimentaria
- Foliada Aberta
- Obradoiros de Artesanía
- Actuación do grupo A Roda
- Degustación de Porco Asado, Empanada e Viño da D.O. Monterrei (prezo degustación 5 €)
A Festa da Vendima consolídase como unha cita para celebrar o remate da colleita e poñer en valor a cultura do viño, que forma parte da identidade do municipio e de toda a comarca de Verín-Monterrei.
O evento está organizado polo Concello de Monterrei e conta coa colaboración de diversas entidades, que figuran no cartel. Convídase a veciñanza e a todas as persoas visitantes a participar nesta xornada festiva.
Máis información: Concello de Monterrei · Rúa Fontiñas, 2, 32618 Albarellos · 988 41 80 02 · concello@monterrei.es



