Procesos selectivos para a provisión en propiedade das prazas da oferta de emprego público do ano 2021
12/01/2023
AXUDAS AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO – POSTA EN MARCHA DE NOVAS ACTIVIDADES NON AGRÍCOLAS NAS ALDEAS MODELO
19/01/2023DESTINADAS A COMPRA DE MAQUINARIA E EQUIPAMENTO PARA EMPRESAS QUE DESENVOLVAN ACTIVIDADES NON AGRICOLAS

Os investimentos non poden estar iniciados na data da presentación da solicitude de axuda.
Que se desenvolvan no territorio de Galicia, agás nas parroquias clasificadas como zonas densamente poboadas (ZDP).
Beneficiarios:
1. As microempresas e pequenas empresas ubicadas en zona rural
2. Persoas físicas que residan nunha zona rural.
3. Titulares e/ou membros dunha unidade familiar dunha explotación agraria que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas e que desenvolvan o seu proxecto na propia explotación
Proxectos Subvencionables:
Os proxectos deben ter un orzamento elixible superior a 10.000 € e inferior a 220.000 €. No caso de proxectos promovidos no sector da artesanía, os límites anteriores quedan establecidos en 5.000 € e 100.000 € respectivamente.
a) Industrias, fábricas e locais destinados á produción de bens e materiais. Non obstante o anterior, os investimentos relacionados coa utilización da madeira como materia prima ou fonte de enerxía limitaranse ás operacións de segunda transformación.
b) Transformación e/ou comercialización de produtos agrarios, cando o produto final do proceso de transformación e/ou comercialización derivado dos investimentos non estea incluído no anexo I do Tratado de Funcionamento da Unión Europea (TFUE). Non obstante o anterior, para este sector de actividade excluiranse aqueles proxectos cun orzamento elixible superior a 60.000 €.
c) Prestación de servizos en calquera sector económico, con exclusión das empresas de servizos de maquinaria agrícola e forestal e das empresas de servizos enerxéticos
d) Prestación de servizos sociais (garderías, coidado de anciáns, de persoas con discapacidade, granxas-escola…).
e) Actividades de ocio, recreativas e deportivas.
f) Artesanía e actividades artesanais.
g) Actividades baseadas na innovación tecnolóxica e no comercio electrónico.
h) Actividades nos sectores da enxeñaría, arquitectura, servizos técnicos, limpeza industrial e veterinaria.
i) Comercio polo miúdo de produtos non incluídos no anexo I do TFUE.
Gastos Subvencionables
Con carácter xeral, será subvencionable a compra de maquinaria e equipamentos novos afectos á actividade empresarial, e que sexan necesarios para desenvolvemento da actividade produtiva da empresa.
Importe da Axuda
45% dos gastos subvencionables
Para calquera dúbida os promotores poden porse en contacto a través do enderezo electrónico: infoagader@xunta.gal ou nos teléfonos: 981547369 – 981547382 – 981542690



