
Construción de local social en Sandín, anualidade 2026
23/11/2026
Concurso de beléns Nadal 2026
24/11/2026Faise público que, mediante Decreto da Alcaldía de data 24 de novembro de 2026, aprobáronse as bases que rexerán o Concurso de postáis de Nadal 2026, organizado polo Concello de Monterrei.
- Participantes
- Nenos e nenas do CEIP de Medeiros, do CRA Monterrei (aulas Vilaza e Vences) e das casas niño ALOUMIÑO, O PRINCIPIÑO e ENREDOS
- Tema
- «O Nadal»
- Prazo
- Ata o 9 de decembro de 2026
- Fallo do xurado
- 10 de decembro de 2026
- Premios
- Material escolar (un premio por categoría)
Bases do concurso de postais de Nadal 2026
Primeira. Participantes.
Poderán participar todos os nenos e nenas do CEIP de Medeiros, do CRA Monterrei (aulas Vilaza e Vences) e das casas niño ALOUMIÑO, O PRINCIPIÑO e ENREDOS.
Segunda. Tema e características das postais.
Tema: «O Nadal»
As postais realizaranse en cartolina de tamaño A5.
A técnica empregada será libre (debuxos en cor ou en branco e negro, colaxe, ceras, etc.). Poderán utilizarse só imaxes ou estas combinadas con texto.
Cada participante poderá presentar unha única postal. A postal deberá estar asinada polo alumno ou alumna no reverso. Será imprescindible indicar o nome, os apelidos, a idade e o curso do/a participante.
Terceira. Presentación e prazo.
As postais deberán entregarse nos respectivos centros educativos e casas niño participantes, que se encargarán de remitilas ao Concello de Monterrei.
O prazo de presentación das postais finalizará o día 9 de decembro de 2026.
Cuarta. Categorías e premios.
Establécense catro categorías por tramos de idade, tendo en conta a idade do/a participante na data de finalización do prazo de presentación:
- Ata 3 anos.
- De 4 a 6 anos.
- De 7 a 9 anos.
- De 10 a 12 anos.
Haberá un premio por categoría, consistente en material escolar.
Quinta. Xurado e fallo.
O xurado estará formado por unha persoa representante de cada unha das ANPA dos centros educativos participantes e por unha persoa representante do Concello de Monterrei, que actuará como presidenta do xurado e terá voto de calidade en caso de empate. Os membros do xurado non poderán votar a favor de familiares seus. O xurado emitirá o seu fallo o día 10 de decembro de 2026.
Sexta. Propiedade e exposición das postais.
As postais gañadoras quedarán en propiedade do Concello de Monterrei, que se reserva o dereito de utilizalas como felicitacións de Nadal.
Ademais, realizarase unha exposición con todas as postais participantes.
Sétima. Entrega de premios.
A entrega de premios aos catro gañadores realizarase no Concello de Monterrei.
Oitava. Aceptación das bases.
A participación neste concurso supón a aceptación das presentes bases.
O que se fai público para xeral coñecemento e participación.
Para calquera consulta: Concello de Monterrei · Rúa Fontiñas, 2, 32618 Albarellos · 988 41 80 02 · concello@monterrei.es



