IV ANDAINA DO VIÑO

22195791_1456110821170301_2840803655408319568_n22196130_1452836694831047_4123263877674588323_n22196211_1452836428164407_2543132217428802691_n22196265_1452836588164391_3981156479519257789_n22196308_1456090607838989_7684809199492556661_n22196385_1456112187836831_8461197524578285949_n22221522_1456093101172073_3322007193763005741_n22221597_1456094411171942_9031810700855351776_n22221601_1456094931171890_7105973857993189179_n22221637_1456088664505850_6351116184934581457_n22221663_1456088011172582_7387163572125442722_n22221697_1456093241172059_8890808061781828574_n22221712_1456111394503577_8111668205155704607_n22221752_1456112631170120_6137066671882832257_n22221777_1456092144505502_479344902492275738_n22221821_1456098654504851_1940774431173915199_n22221835_1456112901170093_1115958267199308982_n22222001_1456093431172040_1146599141917269713_n22222002_1456112814503435_8876425157350258870_n22228244_1456100014504715_897578294404797250_n22228272_1456111957836854_4018772654501579469_n22228336_1456098947838155_478661020453618157_n22228522_1456094281171955_583669886208403582_n22279556_1456098301171553_7597626660757215230_n22279569_1456099061171477_5940387688349910047_n22279584_1456113024503414_8358853072908371957_n22279769_1456112377836812_6056922208428914279_n22279844_1456094151171968_5766132157979261391_n22279856_1456111711170212_278558026834615019_n22279936_1456112534503463_5857148851979047900_n22281750_1456099741171409_2966832346286878674_n22281820_1456111607836889_4654842212549027053_n22281865_1456113094503407_704326482987990579_n (1)22281865_1456113094503407_704326482987990579_n22281894_1456111741170209_588521797303070438_n22281933_1456111151170268_1833211574164811824_n22282118_1456112457836804_4175114320407414283_n22308629_1456112704503446_7844501561876963324_n22308987_1456100124504704_1111083981609276078_n22309060_1456111537836896_3297686506942028977_n22310156_1456111647836885_2208061001961018933_n22310384_1456099201171463_7308251384923607455_n22365351_1456088931172490_7145692503812535671_nFOTO PRESENTACIÓN DEPUTACIÓNpresentacion.IV.andaina.viños.de.monterrei.01presentacion.IV.andaina.viños.de.monterrei.01.para.webpresentacion.IV.andaina.viños.de.monterrei.04.para.webpresentacion.IV.andaina.viños.de.monterrei.01presentacion.IV.andaina.viños.de.monterrei.01.para.webpresentacion.IV.andaina.viños.de.monterrei.02presentacion.IV.andaina.viños.de.monterrei.02.para.webpresentacion.IV.andaina.viños.de.monterrei.03presentacion.IV.andaina.viños.de.monterrei.03.para.webpresentacion.IV.andaina.viños.de.monterrei.04presentacion.IV.andaina.viños.de.monterrei.04.para.webFOTO PRESENTACIÓN DEPUTACIÓN

Deporte en familia, na IV andaina «Viño de Monterrei»

O evento deportivo, cun percorrido de 19 quilómetros, desenvolverase o vindeiro sábado, 7 de outubro.

Ourense, 4 de outubro de 2017.- O Concello de Monterrei ultima os preparativos para acoller a cuarta edición da andaina «Viño de Monterrei» que terá lugar o vindeiro sábado, 7 de outubro, na que os participantes poderán coñecer a riqueza patrimonial deste municipio ourensán durante os 19 quilómetros de percorrido da andaina. A presentación desta iniciativa deportiva tivo lugar hoxe no Pazo Provincial, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o alcalde de Monterrei, José Luís Suárez; o responsable de Deportes do Concello de Monterrei, Marcos Meno; o representante da Cooperativa Xeitura, Manuel Gallego; e o responsable de Protección Civil de Verín, Manuel Alfonso.

A Deputación de Ourense colabora con este evento deportivo «que pon en valor a riqueza patrimonial, natural e cultural do municipio» dixo Rosendo Fernández, quen engadiu, «ademais contribúe a promocionar o seu produto estrela, o viño, a través de iniciativas que aglutinan deporte, saúde e natureza para dinamizar o noso territorio».

Pola súa parte, o alcalde de Monterrei dixo que esta iniciativa deportiva responde a tres obxectivos: promover a práctica deportiva dándolle un carácter máis familiar coa actividade infantil, revitalizar o noso municipio a través dun elemento tan importante para nós como é o viño, e dar a coñecer o abundante patrimonio histórico, paisaxístico e cultural do municipio.

A proba, de dificultade media, comezará ás 10.00 horas na Alameda do Concello de Monterrei e rematará no mesmo punto. Ao longo do percorrido haberá dous puntos de avituallamento e ao remate da proba, as adegas da localidade ofrecerán unha degustación dos seus produtos aos participantes e realizarán sorteos de varios lotes de viño xunto con outros regalos.

Como novidade, este ano a andaina ofrece actividades infantís «para fomentar a participación dos cativos, con propostas deportivas aptas para nenos e para os pais para que as poidan realizar xuntos», explicou Manuel Gallego, quen sinalou que o percorrido da andaina «consolídase porque cremos que aglutina os tres recursos patrimoniais de maior interese de Monterrei: o Castelo, o río e a Igrexa Prerrománica».

En canto a seguridade do evento, o responsable de Protección Civil de Verín asegurou que estarán a «traballar ese día catorce voluntarios distribuídos en diferentes puntos do percorrido para velar pola seguridade da proba».

Os interesados en participar poderán anotarse ata mañá, 5 de outubro, por un custe de 5 euros por persoa, no Concello de Monterrei, na tenda Multisport de Verín ou na tenda Deportes Redonet de Ourense, sendo o número máximo de participantes de 300 persoas. «Aínda que tamén poderán anotarse ata o mesmo día da proba», puntualizou Marcos Meno.

Outra das novidades deste evento deportivo é ofrecer aos asistentes, a posibilidade de colaborar co Banco de Alimentos de Ourense, achegando ese día alimentos non perecedoiros e alimentos para colectivos de infancia e xuventude.