Turismo

O Concello de Monterrei basea o seu atractivo turístico principalmente en dous piares, a riqueza do seu patrimonio arquitectónico e a beleza da súa paisaxe.

O patrimonio histórico-artístico do concello é abondantísimo, abranguendo dende a cultura megalítica, a castrexa e a romana (como da fe a pertenza do concello de Monterrei a Ruta da Prata) ata tempos máis recentes dos que dan cumprida conta exemplos de arte civil como os pazos de Blanco-Raxoi (agora chamado de Espada) e A Limia.
Nembargantes a máxima expresión de arquitectura atópase no Castelo dos Condes de Monterrei, hoxe monumento nacional.
Xunto a esta xoia arquitectónica atopámonos a uns tres quilómetros do castelo, en Mixós, a igrexa prerrománica de Santa María, do século X, mozárabe e con elementos visigóticos. No seu interior se consérvanse murais da idade media, aras romanas e imáxes interesantes.
Elementos variados salpican de encanto outros puntos do concello como iglexa de Santa María de Monterrei, de estilo gótico, que alberga no seu interior un interesante retablo de pedra.
Ou as ruínas conservadas no monte Búbal, entre as que figuran murallas e torreóns, fan que a parroquia de Medeiros se identifique co Forum Bibalorum romano.
A igrexa de Vilaza de estilo barroco xunto cos xa citados pazos de Limia e Espada, fan deste termo un punto interesante de visita.
Fervor relixioso e pagán mestúranse no Santuario da Virxe da Caridade (A Caridade – Flariz), onde unido ó esplendor do santuraio en sí, celébrase unha importante Romería a finais do mes de setembro.

Igrexa de Santa María de MixósIgrexa de Santa María de Mixós

O balneario de Requeixo, de novo en Vilaza, ten augas sódico-litínico-bicarbonatadas, boas para tratamentos estomacais. Hoxe en día atópase fora de uso.

Como complemento contase co Parador Nacional de Monterrei, construído en 1965 no chamado Penedo Branco, no terreo antes ocupado polo convento de la Compañía de Jesús, a carón do castelo.

Preto de aquí, nunha pequena escapada polas terras que rodean ó concello, podemos atopar balnearios e mananciais de augas mediciñais.

Todos estes monumentos, xunto con outros moitos, teñen ampliada a súa información no interior desta guía.

En canto a riqueza paisaxística o seu deleite vai da man da realización de diferentes percorridos polos cumios que rodean o concello e polas zonas de val próximas o Río Támega.
Río que alberga outra das riquezas do municipios e que merece a característica de espacio protexido.

Río Támega

A maiores do Parador, contase en Monterrei con varios establecementos hostaleiros e gastronómicos como son: O Hotel Gallego (Albarellos), os apartamentos Lar de Iván (Albarellos) ou os restaurantes Casa Fermín (Albarellos) ou o San Xurso (en Monterrei).

O castelo de Monterrei acolle dende hai dous anos a edición dos ’Irmandiños: a revolta’. Tratase dun xogo de rol en vivo, organizado pola Vicepresidencia da Xunta a través da Dirección Xeral de Xuventude e que está escrito e dirixido por ’13 Negativo’. Ambientase no século XV, durante a revolución popular en Galicia contra os señores feudais. Os participantes poden meterse na pel dos ’irmandiños’, (campesiños, monxes, trobadores, mendigos, bachareis...) ou dos nobres (soldados, mercenarios...).

Os exércitos nobiliarios

Durante tres días, os participantes teñen a oportunidade de meterse na pel dun ’irmandiño’ ou dun soldado nobiliario, enfrontados nunha guerra na que se decidirá o destino do Reino de Galicia.
O máximo de xogadores é de 500. Así 250 son ’irmandiños’, un bando que ofrece a posibilidade de inscribirse nas Cofradías de fidalgos (20 personaxes); de burgueses (30); de campesiños (30); de mariñeiros (20); de monxes (20), de trobadores (30), de mendigos (20) e de mercenarios (desertores do exército nobiliario, 50 personaxes).
Outros 250 poden apuntarse no bando dos ’malfeitores’ que conta cos exércitos de Fonseca (100 personaxes); de Benavente (50 cuxa clase social é de soldados); de Zúñiga (50, cuxa clase social é de mercenarios). Dentro do Exército de Fonseca pódese formar parte das Tropas de Asalto (50 personaxes) ou da Garda Persoal do Arcebispo (50 personaxes).
Para participar hai que aportar unha cota por persoa que inclúe o material do xogador, as comidas e o desprazamento en autobús ata as zonas de acampada. No caso dos ’malfeitores' da Cofradía de mercenarios tamén inclúe o escudo do personaxe).
Os asistentes deben levar da súa casa unha espada, que se confeccionará en base a unhas normas (que se recollen na páxina web www.irmandinhos.com).

Outra posibilidade turístico-deportiva represéntaa a práctica da actividade cinexética, a cal se pode desenvolver nos terreos do Tecor (Terreo Cinexeticamente Ordeado) de Monterrei, que abrangue a totalidade do Concello e no que podemos atopar tanto especies de caza menor (coello, perdiz rubia, paspallás, perdiz charrela, agachas,...) como de caza maior (xabaríl, corzo, ...).
Outros dos motivos que nos animan a visitar Monterrei son as súas festas patronais, que nas diferentes parroquias se celebran nas datas sinaladas:

 

Albarellos

Santiago Apóstolo

25 de Xulio

A Caridade

Virxe da Caridade

Finais do mes de maio, principios de xuño

Estevesiños

San Mamede

7 de Agosto

Flariz

San Pedro

29 de Xunio

Guimarei

San Antonio

17 de Xaneiro

Infesta

San Vicente

22 de Xaneiro

A Madalena

Santo Cristo

3 de Maio

Medeiros

San Salvador

6 de Agosto

A Asunción

15 de Agosto

Mixós

Santa Cruz

14 de Setembro

Pousa

A Inmaculada

8 de Decembro

A Salgueira

Fátima

13 de Maio

Os Dolores

15 de Setembro

San Cristobo

As Neves

5 de Agosto

Sandín

San Amaro

15 de Xaneiro

Vences

San Agustín

28 de Agosto

Santa Eulalia

10 de Decembro

Vilaza

Virxe da Asunción

15 de Agosto

TRANSPORTE, SERVICIOS EMPRESARIAIS E SERVIZOS RELACIONADOS COA EDUCACIÓN E A SAÚDE.


• Transporte: A estación de autobuses da veciña localidade de Verín proporciona a través das liñas que establece coa capital provincial (Ourense) un servicio continuado de transporte que ten como principal vía a N-525 ó seu paso polo concello de Monterrei.
Son numerosas as empresas que operan na zona.
• Servicios empresariais: no concello non atopamos censada ningunha empresa que ofreza este tipo de servicio se ven a proximidade coa localidade de Verín fai que podamos atopar un cuantioso número de empresar adicadas a este servizo (ata un total de 22).
• Educación: contase cun total de tres centros públicos de educación infantil (nas parroquias de Albarellos, Vences, e Vilaza) e un centro de educación infantil e primaria (en Medeiros).
• Saúde: a cobertura sanitaria atópase cuberta por dous centros de atención primaria, o primeiro deles situado na parroquia de Albarellos e o segundo en Vilaza–Monterrei.
Se ven para un maior grado de atención debemos desprazarnos ata a localidade de Verín, onde se sitúa a Fundación Pública Hospital de Verín.
Complementase a asistencia sanitaria co servicio de dúas farmacias nas localidades de Albarellos e Monterrei.
• Educación: existen tres colexios de educación primaria situados nas parroquias de Albarellos, Vences e Vilaza; e un de educación infantil e primaria na parroquia de Medeiros.