Oferta extraordinaria do emprego público para estabilizar o emprego temporal do Concello de Monterrei.
07/02/2023
Visitas guiadas ás excavacións arqueolóxicas na Vila de Monterrei
03/03/2023A sala de exposicións do hospital da Trindade en Monterrei vístese de Entroido no mes de febreiro.
A actividade expositiva na sala de exposicións da acrópole de Monterrei adícase ó entroido en febreiro, especialmente, á figura do Cigarrón.
Varios artistas e artesanos da comarca de Verín presentan as súas obras relacionadas coa figura senlleira do entroido de Verín. Se facemos un repaso sobre eles, atopamos cadros de Al Sola, Xosé Rivada, Manuela Rojas, Fernando Barreira, MariLar Salgado, Rafael Castro, David Rivada, Annie, Manuela Sánchez, Luz Nóvoa, Ramón López que empregan distintas técnicas como óleo sobre lenzo ou sobre lino, acrílico sobre passepartout, debuxo, acuarela, linografía ou xilografía. En canto a artesanía podemos atopar a artesáns como As Cousiñas da Pipi, Pintarte a Mano e algún dos artistas, anteriormente citados como autores dos cadros, que presentan colares, caretas de cigarrón feitas en barro ou prendas de roupa coa imaxe da figura do entroido.
A exposición terá unha inauguración o 11 de febreiro, a partires das 12:00hrs. Na mesma colaborán a Denominación de Orixe Monterrei, Panaderia Álvarez, Adega Fragas do Lecer e Pasteleria Primavera.
Será posible visitala ata finais do mesmo mes en horario de apertura do servizo de Turismo Monterrei, de mércores a domigo aumentado nas datas principais do Entroido.




